Nosa Señora das Dores
A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virxe da Caridade, Virxe da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.
Nosa Señora das Dores | |
---|---|
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Orixe da devoción | c. 1240 en Toscana, Italia, por Orde dos Servos de María (Servitas) |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa Católica |
Festividade | 15 de setembro |
Atributos | Corazón traspasado por unha espada, en alusión á profecía de Simeón |
Patroa de | Eslovaquia, Mississippi |
A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.
En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:
- A profecía de Simeón.
- A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.
- Xesús perdido no Templo durante tres días.
- María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.
- A Crucifixión e Morte de Xesús.
- María recibe a Xesús baixado da Cruz.
- A sepultura de Xesús.
Veneración
editarA súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patroa de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.
É patroa de Ecuador,[1] Eslovaquia,[2][1] do estado de Mississippi[3].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ruiz Scaperlanda, Maria (2002). The Seeker's Guide to Mary. Loyola Press. ISBN 9780829414899.
- ↑ Guiley, Rosemary (2001). The Encyclopedia of Saints. Infobase Publishing. p. 368. ISBN 9781438130262.
- ↑ Espinoza, Cholene (2006). Through the Eye of the Storm: A Book Dedicated to Rebuilding what Katrina Washed Away. Chelsea Green Publishing. p. 189. ISBN 9781933392189.
It's no wonder the Mississippi state patron saint is Our Lady of Sorrows.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nosa Señora das Dores |