Vasili Iakovlevitx Eroshenko (en ruso Василий Яковлевич Ерошенко, en ucraíno Василь Якович Єрошенко), nado en Obukhiv o 12 de xaneiro de 1890 e finado o 23 de decembro de 1952, foi un esperantista, músico, escritor, lingüista e pedagogo ruso.

Modelo:BiografíaVasili Eroshenko

(1920) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalVasili Iakovlevitx Eroshenko
Biografía
NacementoВасилий Яковлевич Ерошенко
12 de xaneiro de 1890 Editar o valor en Wikidata
23 de decembro de 1952 (72 anos)
Morte23 de decembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Obukhovka, Belgorod Oblast, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, profesor universitario, músico, tradutor, escritor, esperantista, pedagogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing Editar o valor en Wikidata
Participou en
Q12349324 Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNia diligenta kolegaro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ерошенко-1
Retrato de Vasili Eroshenko, óleo de Tsune Nakamura (1920, Museo Nacional de Arte Moderna de Toquio)

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia labrega e quedou cego con catro anos por mor do xarampón. Estudou nunha escola de Moscova para nenos cegos (1899 - 1908). Entre 1907 a 1914 foi violinista na orquestra de Moscova para cegos e comezou no movemento esperantista entre 1908 e 1910. En 1912 viaxou ao Reino Unido, e alí estudou nun instituto para cegos e coñeceu a Piotr Kropotkin achegándose ao anarquismo. Grazas ao contacto con esperantistas xaponeses marchou ao Xapón e estudou masaxe nunha escola para cegos de Toquio; difundiu o esperanto entre os alumnos cegos. Tamén se interesou pola Fe Bahá'í e traduciu [1] ao esperanto a obra de Bahá'u'lláh Kalimát-i-Maknúnih que apareceu ao longo de varios números de La Orienta Azio en 1915. Tras dous anos de estadía en Toquio marchou a Siam onde fundou unha escola para cegos. Nunha viaxe á India expulsárono por consideralo bolxevque. No verán de 1919 fuxiu por Shanghai ao Xapón. Nese país escribiu e publicou en xaponés moitos contos para mozos.

O primeiro de maio de 1921 participou na manifestación de traballadores e no congreso da federación socialista xaponesa. Detido e expulsado a Rusia, onde se amosou crítico cos bolxeviques [2] marchou a China e viviu en Harbin durante tres meses, e logo, entre outubro de 1921 e febreiro de 1922 traballou no instituto de idiomas de Shanghai. Alí coñeceu o escritor chinés Lu Xun, quen traduciu unha colección de historias de Erosshenko ao chinés. En 1922 estivo en Pequín dando cursos de lingua e literatura rusa na Universidade de Pequín e nun colexio para mulleres. Tamén nese ano participou no 15º Congreso de Esperanto en Helsinqui, Finlandia.

En Europa e na Unión Soviética

editar

En 1923 estableceuse en Europa. En 1923, no Congreso Universal en Nürnberg gañou un premio pola súa boa pronuncia recitando o seu poema "Ciganino". E en 1924 participou no 16º Congreso de Esperanto en París, e mais tamén no Congreso de esperantistas cegos en Viena. Despois regresou a Moscova.

De 1924 a 1927 traballou como tradutor na universidade comunista para o pobo traballador do leste. Traduciu obras de Marx, Engels e Lenin ao xaponés. E en 1929 e 1930 estivo en Chukotko, onde estableceu unha escola para nenos cegos. E en 1932 traballou en Nizhnii Novgorod como un profesor de matemáticas, braille e de lingua rusa, e logo volveu a Moscova.

En 1935 fundou a primeira escola para cegos en Serhetabat, Turkmenistán, onde permaneceu ata 1945. De 1946 e 1948 ensinou inglés na escola de nenos cegos de Moscova e entre 1949 e 1951 viviu en Tashkent. Volveu á súa localidade natal en 1952 e alí traballou no seu derradeiro libro ata a súa morte o día 23 de decembro.

  • Yoake mae no uta (1921, en xaponés)
  • Sago no tameiti (1921, en xaponés)
  • Rakontoj de velkinta folio (1922, escrito orixinalmente en esperanto pero publicado primeiro en chinés)
  • La Ĝemo de unu soleca animo (1923, único libro que publicou en vida en esperanto)
  • Lumo kaj ombro (1979)
  • La tundro ĝemas (1980)
  1. Agnes Baldwin Alexander History of the Bahá'í Faith in Japan 1914-1938
  2. Schor, Esther Bridge of Words: Esperanto and the Dream of a Universal Language, Henry Holt and Company:New York, p. 173