Universidade de Zürich

universidade de Suíza

A Universidade de Zürich (UZH, en alemán: Universität Zürich), situada na cidade de Zürich, é a universidade máis grande de Suíza, con máis de 24.000 estudantes. Foi fundada en 1833 a partir dos actuais institutos de Teoloxía, Dereito, Medicina e da creación dunha facultade de Filosofía. Actualmente, a universidade ten as facultades de Artes, Economía, Dereito, Medicina, Ciencias, Teoloxía e Medicina Veterinario, ofrecendo a máis ampla gama de materias e cursos de calquera institución de educación superior de Suíza.

Universidade de Zürich
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: uzh.ch Twitter: uzh_ch Instagram: uzh.ch Youtube: UCFOGIrrWJ_HTObJxzLAjAVA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A universidade de Zürich foi fundada o 29 de abril de 1833, cando os colexios de Teoloxía (fundado por Huldrych Zwingli en 1525), Dereito e Medicina fusionaron xunto cunha nova facultade de Filosofía. Foi a primeira universidade en Europa que se fundou polo propio Estado en lugar de por un monarca ou unha confesión relixiosa. A universidade permite ás mulleres asistir a clases de filosofía desde 1847, e admitiu a primeira muller para estudos de doutoramento en 1866. A Facultade de Medicina Veterinaria engadiuse en 1901, e é a máis antiga deste tipo no mundo docente. En 1914, a universidade trasladouse a novas instalacións deseñadas polo arquitecto Karl Moser en Ramistrasse 71.

Facultades

editar

As súas mellores facultades en termos de calidade son a Facultade de Ciencias Económicas, que se atopa no décimo segundo posto de Europa e no primeiro posto de Suíza(ver: http://www.uzh.ch/news/articles/2008/3082.html Arquivado 21 de novembro de 2009 en Wayback Machine.), a Facultade de Medicina e a Facultade de Ciencias, que se sitúan entre o dez primeiras de Europa. A Universidade de Zürich no seu conxunto tamén se clasifica entre as dez primeiras do continente e entre as cincuenta mellores do mundo. Destaca nos campos da biociencia e finanzas, existindo unha estreita colaboración entre esta universidade e a Escola Politécnica Federal.

Premios Nobel

editar

A Universidade de Zürich contou con varios premios Nobel como Albert Einstein, Erwin Schrödinger, un dos fundadores da mecánica cuántica e Wilhelm Conrad Röntgen, a primeira persoa en gañar o Premio Nobel de Física.

Antigos alumnos galardoados co Nobel

editar
  • Carl Spitteler (Literatura, 1919)
  • Albert Einstein (Física, 1921); tamén traballou na Universidade.
  • Walter Rudolf Hess (Medicina 1949); tamén traballou na Universidade.

Profesores galardoados co Nobel

editar