Río Ulla
O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 648 m | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | ||||
Localización | Olveda | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | ría de Arousa | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 132 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.764 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 79,3 m³/s | ||||
Toponimia
editarO hidrónimo Ulla procedería da raíz indoeuropea *wel-, "facecr xirar", "auga que dá voltas", xunto co sufixo -ia, o que daría a forma *Wulia.[1][2]
Curso
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, á que o río lle dá nome. O seu berce é a fonte da Poteira,[3] na parroquia de Olveda (Antas de Ulla).[4] Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km.[5][6] Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río [3]. Ten unha conca de 2.764 km²,[5][6] a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.
Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo.
Afluentes
editarAfluentes do Río Ulla por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:
- Río Pambre:[3] desemboca no Batán (Palas de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
- Río Seco:[3] desemboca entre Santo Estevo (Agolada, Pontevedra) e Barazón (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
- Río Furelos:[3] desemboca na Pontenova (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
- Río Arnego:[3] desemboca no encoro de Portodemouros, no Marquesado (Agolada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
- Río Iso:[3] desemboca no encoro de Portodemouros, fronte a Arxe (Vila de Cruces, Pontevedra), entre o Picouto (Santiso, A Coruña) e a Igrexa (Arzúa, A Coruña) pola marxe dereita.
- Río Preveidiños:[3] desemboca en Besaña (Touro, A Coruña) pola marxe dereita.
- Río Deza:[3] desemboca entre Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e Cira (Silleda, Pontevedra) pola marxe esquerda.
- Río Liñares:[3] desemboca na Aldea Grande (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
- Río Pereiro:[3] desemboca en Agromaior (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
- Río Vea:[3] desemboca preto de Vilacriste (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
- Río de Santa Lucía:[3] desemboca en Pontevea (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
- Rego Castrelo:[3] desemboca en Herbón (Padrón, A Coruña) pola marxe dereita, a 16,7 km do mar.[3]
- Río Sar:[3] o brazo esquerdo desemboca na Aduana, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 15,0 km do mar.[3]
- Rego Salgueirón: [Cómpre referencia] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,3 km do mar.
- Rego Fonte do Ouro:[3] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,2 km do mar.
- Río Valga:[3] desemboca no Pumariño (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 13,0 km do mar.[3]
- Río Sar:[3] o brazo dereito desemboca en Afoz, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 13,0 km do mar.[3]
- Río Louro:[3] desemboca na Carballa (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[3]
- Rego de Vigo:[3] desemboca en Vigo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 10,4 km do mar.[3]
- Regueiro de Carracido: [Cómpre referencia] desemboca en Carracido (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 9,69 km do mar.[3]
- Rego de Tarrío:[3] desemboca en Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 9,13 km do mar.[3]
- Rego de Manselle:[3] desemboca entre Imo e Tallós (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,70 km do mar.[3]
- Rego de Imo:[3] desemboca en Imo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,59 km do mar.[3]
- Rego dos Campelos:[3] desemboca preto da Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 6,07 km do mar.[3]
- Rego da Vacariza: [Cómpre referencia] desemboca na Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 5,58 km do mar.[3]
- Rego de Gondomil:[3] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,93 km do mar.[3]
- Regueiro das Torres: [Cómpre referencia] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,43 km do mar.[3]
- Río de Catoira:[3] desemboca na vila de Catoira pola marxe esquerda, a 3,68 km do mar.[3]
- Rego de Freixeiro:[3] desemboca fronte a Gabeira Pequena ou da Cruz entre o Outeiriño e Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 2,70 km do mar.[3]
- Rego da Lagartera:[3] desemboca no Peirán, en Quintáns (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 2,67 km do mar.[3]
- Rego do Souto da Vila:[3] desemboca en Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 700 m do mar.[3]
- Rego dos Campos: [Cómpre referencia] desemboca preto da Dona (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 400 m do mar.[3]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do río Ulla.
-
Torrentes de Mácara en Ramil.
-
Río Ulla en Ponteledesma
-
Río Ulla en Xirimbao.
-
Río Ulla en Vedra.
Notas
editar- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ Curchin, Leonard A. (2008). "Los topónimos de la Galicia romana: Nuevo estudio". Cuadernos de Estudios Gallegos 55 (121): 109–136. doi:10.3989/ceg.2008.v55.i121.41.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 3,27 3,28 3,29 3,30 3,31 3,32 3,33 3,34 3,35 3,36 3,37 3,38 3,39 3,40 3,41 3,42 3,43 3,44 3,45 3,46 3,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'21.5"N 7°47'54.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ García, J. Horacio (2021). "Onte nace o río Ulla? Un percorrido científico na busca das súas fontes". Cairón (Instituto de Estudos Ulloáns) (5): 148–165.
- ↑ 5,0 5,1 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 94. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ 6,0 6,1 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Ulla, Río". Gran Enciclopedia Galega 42. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 179–180. ISBN 84-87804-26-8.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Ulla |