Illa Tromelin
Tromelin | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Francia |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2009) | 19 Non Permanente |
Superficie | 0´8 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 15°53′32″S 54°31′29″L / -15.89222, -54.52472 |
Maior Altura | 7 m. |
Localización | |
A Illa Tromelin (en francés île Tromelin), é un illote de 0´8 km² situado no océano Índico, ao leste de Madagascar e ao norte da Reunión. Tromelin é unha posesión da República Francesa (un dominio privado do Estado) e forma parte do grupo de illas francesas chamado Illas Dispersas do Océano Índico no océano Índico.
Historia
editarA illa foi descuberta en 1722, polo buque francés «Diane», sendo bautizada como «île des Sables». En 1761, o barco negreiro Utile naufragou e os sobreviventes tiveron que buscar refuxio na illa. Cos restos do naufraxio, os mariños construíron unha barca, coa que puideron chegar a Madagascar. Os sesenta escravos, con todo, foron abandonados en Tromelin e os poucos que sobreviviron, só oito non foron rescatados ata o 29 de novembro de 1776, cando o Cabaleiro de Tromelin (en honra do que a illa foi rebautizada) desembarcou coa súa corveta La Dauphine.
En 1954, construíuse unha estación meteorolóxica permanente. A illa foi habitada por meteorólogos ata que se automatizaron as estacións meterolóxicas. Actualmente só a habíta unha pequena guarnición de quince soldados Franceses, para reforzar a súa soberanía na rexión.
Xeografía
editarA illa de Tromelin forma parte do arquipélago das illas Mascareñas.
Tromelin é unha illa de difícil acceso e moi illada, xa que dista 450 km da terra máis próxima e está rodeada de fondos mariños de 4.000 metros de profundidade e de arrecifes coralinos.
O terreo da illa é plano e areoso, e está recuberto por arbustos dispersos. A altitude máxima non supera os sete metros. De forma ovoidal, a illa ten uns 1.700 metros de longo e uns 700 de ancho.
Administración
editarA illa foi administrada polo prefecto da Reunión desde 1814 ata 2005, a pesar de non formar parte deste departamento.
En virtude do decreto de 3 de xaneiro de 2005, a administración das Illas Dispersas do océano Índico foi confiada ao administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas, con sede na cidade de Saint-Pierre, na illa da Reunión.
A República de Mauricio reclama a soberanía.
Flora e fauna
editarA flora está moi pouco desenvolvida debido á falta de auga, os ventos que sopran a maior parte do ano e dos ciclóns e depresións que pasan encima ou preto da illa.
A fauna da illa fórmana tartarugas, paxaros mariños e garzas ermitás. Así mesmo, atópanse ratas e ratos provenientes dos barcos naufragados. Ata 1986, tamén había coellos -introducidos polo ser humano-, que morreron a consecuencia do ciclón Erinesta.
Clima
editarO clima de Tromelin é tropical marítimo con temperaturas medias mensuais de entre 20´7 e 25´4 graos. As Îles Éparses As precipitacións varían entre un metro e un metro cincuenta de auga de media por ano, dos cales case a metade recóllense de xaneiro a marzo. Xeralmente, as choivas son de curta duración e de intensidade moderada ou forte.
Durante a maior parte do ano, os ventos do sueste sopran a unha velocidade de 15 a 35 km / hora.