Thomas Tallis
Thomas Tallis, nado contra 1505 e finado en Greenwich o 23 de novembro de 1585, foi un compositor inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1505 Kent, Reino Unido |
Morte | 23 de novembro de 1585 (79/80 anos) Greenwich, Reino Unido |
Lugar de sepultura | St Alfege Church, Greenwich (en) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Período de actividade | 1554 (Gregoriano) - |
Xénero artístico | Choral music (en) |
Alumnos | William Byrd |
Instrumento | Órgano |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
|
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como músico de igrexa no século XVI. Ocupa un lugar preponderante en antoloxías de música relixiosa inglesa, e é considerado como un dos mellores no xénero así como tamén un dos mellores compositores da súa época[1].
A carreira musical de Thomas Tallis atravesou os reinados de catro reis ingleses: Henrique VIII, Eduardo VI, María (católica) e Sabela (protestante). O período viviu grandes mudanzas na vida relixiosa e no estilo composicional. Boa parte da produción de Tallis foi eclesiástica, aínda que escribise algunhas obras seculares. A súa flexibilidade como compositor certamente garantiu a súa permanencia como figura de proa da música inglesa.
Tallis estudou música na Igrexa pre-Reforma. Con todo foi requisitado por diversos gobernantes para compor músicas tanto para o servizo anglicano como católico, ambas as dúas de gran calidade. Criado preto de Canterbury, os compromisos pronto o levarían a Londres. Tallis era un recoñecido organista, mais pouco hai hoxe das súas pezas para teclado. Datar súas obras é difícil, sobre todo porque el ocasionamente retraballou músicas vellas para un novo proxecto. Coñecido polas floreadas obras en latín, a súa música anglicana, máis simple, é tan elaborada como agradábel de tocar.
Entre súas obras máis famosas están: O Nata Lux de Lumine, If Ye Love Me, Lamentations of Jeremiah, Spem in Alium Nunquam Habui e Laudate Dominum.
Notas
editar- ↑ Farrell, J: Latin Language and Latin Culture: From Ancient to Modern Times, page 125. New York Cambridge University Press, 2001.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Thomas Tallis |