The Quarrymen
The Quarrymen foi unha banda británica de skiffle e rock and roll, inicialmente formada en Liverpool en 1956,[1] por John Lennon, e que foi a orixe do que despois sería The Beatles.
The Quarrymen | |
---|---|
The Quarrymen: De esquerda a dereita: Colin Hanton, Len Garry, Rod Davis tocando en Liverpool. | |
Orixe | Liverpool, Inglaterra |
Período | 1957-1959 1997-presente |
Xénero(s) | skiffle, rock and roll |
Membros | Rod Davis Len Garry Colin Hanton John Duff Lowe |
Antigos membros | John Lennon Paul McCartney George Harrison Eric Griffiths Pete Shotton Bill Smith Stuart Sutcliffe Ken Brown |
Na rede | |
http://www.originalquarrymen.co.uk/ | |
Historia
editarFormación
editarEstivo integrada, entre outros, por tres dos catro membros de The Beatles (John Lennon, Paul McCartney e George Harrison), a banda máis aclamada pola crítica en toda a historia do rock.[2] Orixinalmente composta por John Lennon e varios dos seus compañeiros de colexio, The Quarrymen tomaron o seu nome da escola Quarry Bank High School, onde asistían devanditos músicos. A nai de Lennon, Julia, ensinou ao seu fillo e a Eric Griffiths como afinar as súas guitarras do mesmo xeito que nun banjo, algúns acordes e a cantar.
En Galiza
editarEn En 2014 a ONG Acordes pola Paz organizou en Santiago de Compostela unha gala de homenaxe a John Lennon, presentada pola irmá de Lennon, Julia Baird, xunto a Javier Gurruchaga, na que actuou o grupo The Qarrymen con Rod Davis.[3]
Notas
editar- ↑ "Biography on the Quarrymen’s Official Website" (en inglés). Consultado o 25 de xullo do 2015.
- ↑ "The Inmortals: The first 50" (en inglés). Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 25 de xullo do 2015.
- ↑ NoticiasGalicia.com. "Santiago homenajea a John Lennon". NoticiasGalicia.com (en castelán). Consultado o 2022-05-08.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Quarrymen |