Terres de l'Ebre
As Terres de l'Ebre (Terras do Ebro) é unha rexión do sur de Cataluña (España) formada polas comarcas de Baix Ebre, Montsià, Terra Alta e Ribera d'Ebre. É un dos oito ámbitos funcionais territoriais definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Tarragona | |||
Contén a división administrativa | ||||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.308,4 km² | |||
O seu accidente xeográfico máis característico é o curso baixo do río Ebro. O seu territorio, con máis de 3.300 km cadrados representa o 52% da superficie da provincia de Tarragona e o 10% da de Cataluña e está constituído por 52 municipios.
As principais localidades por poboación son: Tortosa, Amposta, Sant Carles de la Ràpita, Deltebre, Alcanar e l'Ametlla de Mar. Teñen un peso representativo tamén Gandesa e Móra d'Ebre, como capitais de comarca que son.
No aspecto ambiental as catro comarcas posúen un importante patrimonio natural: os parques naturais de Delta do Ebro e Portos de Tortosa-Beceite, así como outras zonas que gozan doutros graos de protección, como a serra de Cardó ou a reserva de Sebes en Flix. A este súmaselle o seu legado cultural e histórico-artístico, como os conxuntos históricos de Tortosa, Horta de Sant Joan, Miravet, Batea ou Arnes.
Véxase tamén
editar- Parque Natural do Delta do Ebro (Terras do Ebro-Reserva da biosfera)
- Parque Natural de Els Ports (Terras do Ebro-Reserva da biosfera)
Ligazóns externas
editar- Terras do Ebro-Reserva da biosfera (en castelán) (en catalán) (en inglés) (en francés)
- Viulebre.comArquivado 30 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Turismo, actividades, servizos e notícias das Terres de l'Ebre. (en catalán)
- Surtdecasa.cat Arquivado 15 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Axenda cultural e de ocio. (en catalán)
- IDECE. Instituto para o desenvolvemento das comarcas do Ebre. (en catalán)
- Terresdelebre.org Arquivado 04 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Padroado de Turismo da Deputación de Tarragona. (en catalán)