Suwałki

cidade de Polonia

Suwałki (en lituano: Suvalkai; en alemán: Suwalken, entre 1941-1944 Sudauen) é unha cidade de Polonia.

Modelo:Xeografía políticaSuwałki
Imaxe

Localización
Mapa
 54°06′N 22°56′L / 54.1, 22.93
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato de Podlaquia Editar o valor en Wikidata
Capital de
sen valor (1999–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación69.229 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.048,92 hab./km²)
Lingua oficiallingua polaca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie66 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude170 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal16-400 - 16-403, 16-430 - 16-434 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Rēzekne
Nemenčinė (en) Traducir
Grande-Synthe (1978–)
Marijampolė (pt) Traducir (1995–)
Alytus (pt) Traducir (1996–)
Võru (1999–)
Waren (1999–)
Notodden (pt) Traducir (2008–)
Cēsis (2009–)
Ternopil (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webum.suwalki.pl Editar o valor en Wikidata

É a capital do condado de Suwałki e un dos centros comerciais máis importantes do voivodato de Podlaquia.

Xeografía

editar

Situada no noroeste de Polonia, a 170 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 65,24 km².

Segundo o censo de 2012 contaba con 69 331 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 061,14 hab./km².

Encóntrase a uns 30 km da fronteira con Lituania. Nas súas proximidades encóntrase a zona protexida Parque Nacional de Wigry.

Historia

editar

A primeira mención da localidade de Suwałki data de 1688. En 1700 dividiuse en dúas: Małe Suwałki e Wielkie Suwałki (Pequena Suwałki e Gran Suwałki).

Cando pertencía ao Imperio ruso, a cidade converteuse, en 1867, na capital do gobernorato de Suwałki.

Durante a primeira guerra mundial, en 1915, os alemáns romperon a fronte rusa e Suwałki foi ocupada. A cidade e as áreas circundantes separáronse do resto das terras polacas e foron administradas directamente polo comandante militar alemán do exército Ober-Ost. As severas leis impostas polo mando militar alemán, e a tráxica situación económica dos civís conduciron á creación de varias organizacións secretas.

Despois do colapso das Potencias Centrais en novembro de 1918, o comandante local do Ober-Ost asinou un acordo co Consello Temporal da Rexión de Suwałki que, de facto, permitiu a incorporación da rexión a Polonia, aínda que o exército alemán permaneceu na zona e continuou a súa explotación económica. En febreiro de 1919 os seus habitantes puideron participar nas primeiras eleccións libres ao Sejm polaco, aínda que pouco despois os comandantes alemáns cambiaron de opinión. Expulsaron ás unidades militares polacas da zona e en maio pasaron o territorio á autoridade lituana.

A finais de xullo de 1919, a Conferencia de Paz de París concedeu a cidade a Polonia e os lituanos retiráronse.

Algunhas das terras habitadas por polacos quedaron no lado lituano da fronteira, mentres que varios pobos lituanos quedaron no lado polaco da chamada Liña Foch. Todo isto levou ao estalido do Levantamento de Sejny o 23 de agosto de 1919 contra as autoridades lituanas. Para asegurar o control da cidade, ao día seguiente entraron as primeiras unidades regulares do exército polaco en Suwałki, estalando unha breve guerra polaco-lituana e librándose durante varios días combates limitados polo control sobre Suwałki, Sejny e outras cidades da zona. A guerra terminou a mediados de setembro de 1920. As negociacións tiveron lugar en Suwałki, asinándose o denominado Acordo de Suwałki entre Polonia e Lituania o 7 de outubro de 1920.

Durante a guerra polaco-soviética, a cidade foi capturada poos comunistas e, despois da batalla de Varsovia, pasou de novo aos lituanos, aínda que sería recuperada polo exército polaco, con escasas perdas, pouco despois.

No período de entreguerras, Suwałki converteuse nunha cidade autónoma dentro do voivodato de Białystok (1919-1939), dando como resultado un período de prosperidade, pasando a súa poboación de 16 780 habitantes en 1921 a case 25 000 en 1935.

Até 1999 a cidade foi a capital do voivodato de Suwałki.

Nesta cidade naceu o director de cinema Andrzej Wajda.

Cidade irmandada

editar

A cidade está irmandada coa cidade de Alytus en Lituania.

O corredor de Suwałki

editar

O corredor de Suwałki' é unha franxa de territorio de 96 km na fronteira entre Lituania e Polonia. Toma o nome da próxima cidad polaca de Suwałi. A súa situación é estratéxica, xa que é a única vía de comunicación terrestre entre os países bálticos e o resto de Europa. No Oeste encóntrase o enclave ruso de Kaliningrado e cara ao Leste, Belarús. A disolución da URSS propiciou a independencia das chamadas repúblicas bálticas, así como a súa integración na OTAN e na Unión Europea. A importancia estratéxica do corredor de Suwalłi reside en que, en caso de conflito entre a OTAN e Rusia, este corredor podería ser ocupado desde Kaliningrado.[1]

  1. La importancia estratégica del corredor de Suwałki. Fundación de Estudios Estratégicos Internacionales (FESEI), 20 setembro de 2019. Consultado o 25 de outubro dew 2022.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar