Simónides de Ceos

Simónides de Ceos (nado en Iulis, na illa xónica de Ceos, actual Kea, ca. -556 e finado en Siracusa, ca. -468), foi un poeta lírico grego, creador da mnemotecnia.

Modelo:BiografíaSimónides de Ceos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Σιμωνίδης ο Κείος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento556 a. C. Editar o valor en Wikidata
Iulis, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte468 a. C. Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Agrigento, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, epigramatista, escritor, poeta elexíaco Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLeoprepes of Ceus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX879469

Traxectoria

editar

Aínda que foi chamado a Atenas cara ao ano 526 a.C. pola corte do tirano Hiparco, logo marchou a Tesalia co seu sobriño, o tamén poeta e discípulo seu Baquílides. Alí relacionouse coa aristocracia gobernante, os escopadas e os alendas. Despois viaxou a Cranón e Farsalia. Volto a Atenas cantou as fazañas dos gregos na batalla de Maratón, co que se fixo moi popular. Terminou a súa vida na corte do tirano de Siracusa Hierón I. Escribiu para diversos mecenas en gran variedade de metros e xéneros: epigramas (principalmente epicedios como o dos trescentos espartanos de Leónidas I, e inscricións votivas), elexías patrióticas e morais, peáns, hiporquemas, e obras de lírica coral, como himnos, odas, epinicios, trenos e ditirambos, pero soamente unha pequena parte da súa obra sobreviviu.

Si que se conservaron bastantes anécdotas sobre o agarrado que era así como a noticia, transmitida por Cicerón no seu De oratore, de que foi un dos fundadores da mnemotecnia, en concreto da técnica ou sistema da localización que permitía a un orador recordar longuísimos discursos compostos previamente por un logógrafo, técnica que expón Quintiliano, na súa famosa Institutio oratoria, e que consistía en visualizar ou situar mentalmente nos distintos lugares dun templo coñecido polo expositor as distintas partes do discurso trazando un itinerario segundo a orde requirida. Ao parecer, no ano 500 a.C. estaba nun banquete cando se ausentou brevemente, salvándose así de morrer esmagado polo derrube do teito; e foi o único en poder recoñecer os esnaquizados corpos de ditos comensais ao recordar os lugares onde estaban sentados. Tamén se adoita recordar bastante en poética a súa afirmación de que «a poesía é pintura que fala e a pintura poesía muda», o que se considera orixe do tópico horaciano de ut pictura poesis. Tamén é o autor dunha famosa definición de xustiza, segundo a cal esta é "a obrigación de dar a cada un o que se lle debe".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar