Sidney Altman
Sidney Altman, nado en Montreal, Quebec (Canadá) o 7 de maio de 1939 e finado en Rockleigh, Nova Jersey, o 5 de abril de 2022,[1] foi un biólogo molecular canadense-estadounidense,[2] gañador do premio Nobel de Química de 1989.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1939 Montreal, Canadá |
Morte | 5 de abril de 2022 (82 anos) Rockleigh, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Congregation Mishkan Israel Cemetery (en) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Columbia Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade de Colorado en Boulder |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía molecular e Bioquímica |
Ocupación | biólogo, académico, físico, profesor universitario, bioquímico, químico, biólogo molecular, biofísico |
Empregador | Universidade Harvard |
Membro de | |
Interesado en | Bioloxía molecular |
Obra | |
Doutorando | Benjamin C. Stark (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Ann M. Altman |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarObtivo a súa licenciatura en física no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1960, pasou 18 meses como estudante de gradación en física na Universidade de Columbia e despois obtivo o doutoramento en bioquímica da Universidade de Colorado en 1967.
Xunto a Thomas Cech recibiu o premio Nobel de Química polo descubrimento das propiedades catalíticas do ácido ribonucleico (ARN). Ambos os investigadores da Universidade Yale demostraron que o ARN é o soporte químico da herdanza, intervindo nas reaccións químicas que posibilitaron a aparición da vida na terra.
Notas
editar- ↑ Laurans, Penny (6 de abril de 2022). "Sidney Altman, pathbreaking scientist". YaleNews. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ James, Laylin K., ed. (1994). Nobel Laureates in Chemistry, 1901–1992. American Chemical Society and Chemical Heritage Foundation. p. 737. ISBN 0-8412-2459-5. Consultado o 11 de setembro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1989 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1989 (en inglés)
- Sidney Altman en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Sidney Altmanl en NNDB (en inglés)
Predecesor: Hartmut Michel, Johann Deisenhofer e Robert Huber |
Premio Nobel de Química 1989 con Thomas Cech |
Sucesor: Elias James Corey |