Santa Comba
Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Santa Cataliña de Armada | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.342 (2023) (45,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 203,7 km² | ||||
Altitude | 300 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Romar Landeira | ||||
Eleccións municipais en Santa Comba | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15841 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15077 | ||||
Páxina web | santacomba.es | ||||
Etimoloxía
editarO nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualla e Comba de Córdoba.
Xeografía
editarEstá situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e febreiro.
A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada co núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.
Censo total | 9.635 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.029 (10.68 %) |
Entre 15 e 64 anos | 5.822 (60.42 %) |
Maiores de 65 anos | 2.784 (28.89 %) |
Evolución da poboación de Santa Comba Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
9.075 | 9.726 | 12.061 | 11.902 | 10.704 | 10.101 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Comba.
-
Santa Comba nevada.
-
Pazo de Cícere, (San Pedro de Cícere).
-
Santa Comba.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
-
Escultura de Comba de Sens na vila de Santa Comba.
Parroquias
editarLugares de Santa Comba
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Comba |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |