Rosetta (sonda espacial)

Rosetta foi unha nave espacial robótica deseñada, construída e lanzada pola ESA, o seu obxectivo principal foi o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.

Rosetta
modelo da sonda Rosetta
modelo da sonda Rosetta
Características técnicas
Tipo de misión: Orbitador/Módulo de descenso de Cometa
Duración da misión: 12 anos
Outros nomes do orbitador: 2004-006A, 28169
Nome do módulo de descenso: Philae
Data de lanzamento: 2 de marzo de 2004
Lugar e hora de lanzamento: Centro Espacial de Kourou ás 07:17 UT.
Lanzadeira: Ariane 5 V-158
Peso do orbitador e o lander: 3.000 kg
Asistencias gravitacionais: 3 da Terra: 4-3-05, 13-11-07 e 13-11-09
1 de Marte: 25-02-07
Obxectivo do lander: Cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko
Chegada do orbitador: Agosto de 2014
Descenso do módulo: Novembro de 2014

O nome da sonda é unha homenaxe á Pedra Rosetta que permitiu a Jean-François Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios, fai alusión ao obxectivo científico da misión de coñecer mellor os elementos mais antigos do sistema solar (asteroides e cometas). O nome do lander, Philae, fai referencia á illa do río Nilo onde se atopou o obelisco de Philae que permitiu coñecer as consoantes do exipcio.

A misión foi aprobada pola ESA no ano 1993. A data de lanzamento foi programada para xaneiro do 2003 e tiña coma obxectivo ir ao encontro do cometa 46P/Wirtanen no ano 2011. Atrasos no lanzamento da nave, co conseguinte peche da ventá de oportunidade, fixeron mudar o obxectivo ao cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko.[1]

O control da misión estivo a cargo da DLR.

Instrumentación científica do orbitador

editar
  • OSIRIS.- sistema de captación de imaxes.
  • ALICE.- Espectrómetro de imaxes no canal ultravioleta.
  • VIRTIS.- Espectrómetro de mapeo de imaxes nos canais visible e infravermello.
  • MIRO.- Analizador de microondas.
  • CONSERT.- Sonda de ultrasóns do núcleo do cometa.
  • COSIMA.- Analizador de masas dos ións secundarios do cometa.
  • GIADA.- Acumulador e analizador de impactos de graos e po cometario.
  • MIDAS.- Sistema de análise de microimaxes.
  • ROSINA.- Espectrómetro de ións.
  • RPC.- Analizador de plasma
  • RSI.- Sistema de análise de radio.

Instrumentación científica do módulo de descenso Philae

editar
  • APXS.- Espectrómetro de protóns e raios X.
  • CIVA.- Sistema de recollida de imaxes.
  • CONSERT.- Sondaxe por ultrasóns do núcleo cometario.
  • COSAC.- Experimento de mostraxe e composición cometaria.
  • MODULO PTOLOMEO.- Analizador de gases.
  • MUPUS.- Sensor multiuso de superficie.
  • ROMAP.- Magnetómetro e monitor de plasma.
  • SD2.- Dispositivos de mostraxe.
  • SESAME.- Experimento de monitorización de superficie eléctrica e ecústica, monitor de impacto de po.

Cronoloxía da misión

editar
Explicación da Misión Rosetta realizada por Manuel Andrade, profesor da USC.
  • 2 de marzo de 2004: Saída da Terra.
  • 4 de marzo de 2005: Primeira asistencia gravitacional terrestre.
  • 25 de febreiro de 2007: Asistencia gravitacional de Marte.
  • 13 de novembro de 2007: Segunda asistencia gravitacional terrestre.
  • 5 de setembro de 2008: Sobrevoo do asteroide 2867 Šteins.
  • 13 de novembro 2009: Terceira asistencia gravitacional terrestre.
  • 10 de xullo de 2010: Sobrevoo do asteroide 21 Lutetia.
  • 8 de xuño de 2011: Entrada en invernación de espazo profundo.

Ano 2014

editar
  • 19 de xaneiro[1] de 2014 - Saída da invernación de espazo profundo: Ás 10:00 UTC a computadora da sonda saíu do estado de invernación e comezou a restablecer os sistemas da sonda, restablecendo a comunicación co centro de control na Terra a través do complexo de comunicacións do espazo profundo Goldstone da NASA ás 18:18 UT.[2]
  • Maior manobra para ó achegamento ao cometa: maio de 2014.
  • Chegada do orbitador ao carón do Cometa: agosto 2014. Inserción orbital completa arredor do cometa 67/P.
  • Aterraxe do lander Philae na superficie do cometa: novembro de 2014.

Ano 2015

editar
  • Aproximación mais pechada ao Sol: 13 de agosto 2015.
  • Fin oficial da misión: 31 de decembro de 2015.

Ano 2016

editar
  • Fin definitivo da misión: 30 de setembro de 2016. A ESA escolleu esa data para impactar o orbitador no cometa.
  1. 1,0 1,1 esa. "El cometa que se escapó". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-01-17. 
  2. ESA's sleeping beauty wakes up from deep space hibernation

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar