Romariz, Abadín
San Xoán de Romariz é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 147 habitantes en 2015 (68 homes e 79 mulleres) segundo datos do IGE[2]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 149 habitantes (67 homes e 82 mulleres), e 46 habitantes menos que en 2004.
Romariz | |
---|---|
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°23′56″N 7°27′51″O / 43.39898408, -7.46407961 |
Área | 16,49 km² |
Poboación | 133 hab. (2019) |
Densidade | 8,07 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarTen unha superficie de 16,49 km². Limita ao norte coas freguesías de Labrada e Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo, ao sur con Quende, ao leste con Quende e Sasdónigas, e ao oeste con Fanoi e Labrada. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación e 15 lugares cunha densidade de 8,91 hab./km² (2015).
- As entidades de poboación son Os Ares (26), Arriba (8), O Barreiro (1), O Bidueiro (20), O Cepo (7), Choi (abandonado), O Cruceiro (22), O Curraíño (10), Os Currás (2), Espiñarcao (43), A Valiña de Freire (2) e A Valiña (6). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son Os Anellos, As Cabeceiras, A Campa Vella, O Concello, O Costeiro, A Fieitiña, A Fonte, A Fraga Vella, Lama Grande, A Pedreira, Porto do Río, Os Regos, O Requeixo, A Rúa e As Samargosas.
Historia
editarO curato pertenceu a viacría da Maestrescolía de Mondoñedo. A herdade de Choi foi concedida polo abade de Lourenzá, frei Romero, en 1207 a dez poboadores.
Patrimonio
editar- Igrexa posiblemente do século XIII.
- Romariz conta cun cruceiro realizado en granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo no anverso; capitel con anxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de San Xoán o Bautista na parte superior, e atributos da Paixón; base o seu tronco-piramidal; con inscricións, sobor plataforma con 3 chanzos cuadrangulares.
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares de Romariz
editarLugares da parroquia de Romariz no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Os Anellos | Os Ares | Arriba | O Barreiro | O Bidueiro | As Cabeceiras | A Campa Vella | O Cepo | Choi | O Concello | O Costeiro | O Cruceiro | O Curraíño | Os Currás | Espiñarcao | A Fieitiña | A Fonte | A Fraga Vella | Lama Grande | A Pedreira | Porto do Río | Os Regos | O Requeixo | A Rúa | As Samargosas | A Valiña de Freire | A Valiña | O Xaral | As Xunqueiras |
Parroquias de Abadín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016.