Rebezo
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Rebezo pirenaico" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
O rebezo pirenaico, chamado moitas veces simplemente rebezo,[2] Rupicapra pyrenaica, é un mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, que está presente nalgunhas cadeas montañosas do suroeste de Europa, con tres poboacións nos Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos.
Rebezo ou rebezo pirenaico Rupicapra pirenaica | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rebezo pineraico en Aigüestortes | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Rupicapra rupicapra Bonaparte, 1845 | |||||||||||||||||||
Distribución de Rupicapra en Galicia
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
Certos autores clasificaron desde antigo os exemplares das montañas do sur de Europa, dos Pireneos e a cornixa Cantábrica, como unha especie á parte de Rupicapra rupicapra, na que antes estas poboacións estaban incluídas, recoñecéndoa como Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.[3]
Características
editarA lonxitude do corpo nos exemplares adultos oscila entre os 110 e os 130 cm, aos que hai que engadir os 3 ou 4 cme achegados pola curta cola. A altura na cruz é de 70–80 cm e o peso varía entre 20 e 30 Kg.
Os machos son maiores cás femias, coas cores máis escuras e marcadas e a cornamenta de maior lonxitude. Esta nace cara a arriba e cúrvase fortemente cara a atrás como un par de ganchos, tendo unha lonxitude moito menor cá doutros caprinos da súa contorna, como o íbice e a cabra montesa.
Os pezuños son fíos e altamente versátiles, capaces de facer subir ao seu dono polas rochas e o xeo sen problema ningún. Isto débese ao senlleiro deseño das almofadas que ocupan a parte central dos súas pezuños.
A cor da pelaxe varía segundo a época do ano. No verán é pardo-avermellada, co bandullo, gorxa, fociño e glúteos de cor esbrancuxada, estando a transición entre unha cor e outro pouco marcada. Obsérvase unha banda de pelaxe negra dende a boca aos ollos. Tamén é negra o lombo da cola.
No inverno, pola contra, o pelo é moito máis denso e escuro. O lombo, as patas e a parte posterior do pescozo vólvese parda escura ou agrisada. O negro, ademais de na cola e na cara (onde aumenta en extensión e os seus bordos están máis remarcados), obsérvase tamén formando unha banda moi marcada dende a parte posterior das orellas á base do pescozo, pola parte de diante. Estas bandas negras continúanse na parte alta das patas anteriores e posteriores e nos costados do corpo. O rostro, parte dianteira do pescozo, pés, ventre e glúteos son brancos.
Os rebezos son animais sociais que se moven en pequenos grupos á procura de pastos de montaña. Estes grupos están formados só por machos (que tamén poden ser solitarios) ou só por femias e as súas crías, os cales só se reúnen durante a época de celo.
Son de costumes diúrnos, aínda que a medio día adoitan decrecer na súa actividade, que é maior durante a mañá e a últimas horas da tarde. A vista, olfacto e oído son excelentes. Isto axúdalles a identificar axiña aos seus depredadores, como osos, lobos, linces e homes.
Outros perigos que axexan aos rebezos son os aludes, ata o punto de que non é raro atopar rabaños enteiros mortos pola súa causa na época do desxeo. Porén, esta especie non só non se considera ameazada senón que a súa caza está permitida en determinadas zonas.
A esperanza de vida destes animais é duns 20 anos.
Reprodución
editarOs rebezos españois entran en celo entre outubro e novembro, mentres que os centroeuropeos fano en novembro e as primeiras semanas de decembro. Durante ese tempo, os grupos de machos seguen aos de femias e únense a eles, formándose entón fortes enfrontamentos entre os machos, que loitan testa contra testa polo dereito a reproducirse.
A xestación dura ao redor de 20 semanas, ao termo das cales nace unha soa cría. Esta acada a madurez sexual entre os 2 e os 4 anos, madurando antes as femias cós machos.
Citáronse casos de híbridos entre rebezos e cabras, sempre estériles, mais a existencia destes mesmos híbridos non puido ser probada nunca de forma irrefutable.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1845 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte nun traballo publicado en Cat. Meth. Mamm. Europe: 17.
Etimoloxía
editarVéxase a etimoloxía en Rupicapra.
Subespecies
editarMoitos dos autores distinguen tres subespecies:[1][4]
- Rupicapra rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845, nos Pireneos.
- Rupicapra rupicapra parva Cabrera, 1914, na cordilleira Cantábrica.
- Rupicapra rupicapra ornata Neumann, 1899, nos Apeninos.
Porén, o MSW e outros autores só contemplan dúas:[5][6]
- Rupicapra rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845
- Rupicapra rupicapra ornata Neumann, 1899
Estado de conservación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén considerando desde o ano 2008 o status desta especie como LC porque nos últimos anos está aumentando en número de individuos e incrementando a súa área de dispersión, e que non se cre que alcance os limiares de calquera dos criterios para estar na lista vermella. Por iso, a situación das subespecies R. p. pyrenaica e R. p. parva avalíase como de menor preocupación. Porén, a subespecie R. p. ornata avalíase como vulnerábel, xa que ten unha poboación moi pequena e unha área de dispersión así mesmo moi reducida. Previamente avaliouse, en 1996, como en perigo de extinción, pero debido á protección estrita e a un programa de cría en catividade e reintrodución, aumentou a súa poboación. De todos os xeitos son necesarias medidas de conservación para garantir a súa supervivencia futura.[1]
Símbolo
editarEste animal é a mascota da Selección Nacional de Rugby de Andorra, cuxos integrantes son alcumados como Els Isards (Os Rebezos).[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Aulagnier, S.; Giannatos, G. & Herrero, J. (2008): Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 na Lista vermella da UICN. Versión 2015.4. Consultada o 11-04-2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rebezo.
- ↑ Grubb, P. (2005): "Order Arthiodactila" en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. pp. 711–712. ISBN 978-0-8018-8221-0.
- ↑ Rupicapra pyrenaica no NCBI.
- ↑ Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no MSW.
- ↑ Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no ITIS.
- ↑ "Isards: Rugbi Andorra". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 11 de abril de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rebezo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rebezo |
Bibliografía
editar- Díaz d'a Silva. J. I. & Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
- Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Pérez, T.; J. Albornoz & A. Domínguez (2002): "Phylogeography of chamois (Rupicapra spp.) inferred from microsatellites". Molecular Phylogenetics and Evolution 25 (3): 524-534.
- Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
- Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rupicapra pyrenaica no Atlas de la biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf (en castelán).
- O rebezo en España (en inglés).
- Bas López, Santiago (2014): "Sociabilidade e hábitat dos rebezos (Rupicapra pyrenaica parva Cabrera, 1914) nun sector de Picos de Europa". Braña. Boletín Científico da Soc. Gal. Hist. Nat. 12: 1-17 (en galego).
- Rupicapra (como pertencente á subfamilia dos Rupicaprinae) en Ángel Cabrera (1914): Fauna ibérica; mamíferos. Facsímile electrónico (en castelán).
- Rebeco (Rupicapra rupicapra parva) en Fauna Ibérica (en castelán).
- Rebeco (Rupicapra rupicapra parva) en Asturias en senderismoenasturias.es (en castelán)
- Rupicapra pyrenaica no Tree of Life (en inglés).
- Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no Inventaire National du Patrimoine Naturel (INPN). (Status) (en francés).
- Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no ITIS.
- Rupicapra pyrenaica na ADW. Con abundante información (en inglés).
- Rupicapra pyrenaica na EOL.
- Rupicapra pyrenaica no NCBI.