Quim Farinha
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xaquín López Fariña, coñecido como Quim Farinha, nado en Caldas de Reis o 25 de xullo de 1966, é un músico e compositor galego.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1966 (58 anos) Caldas de Reis, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Instrumento | Violín |
Traxectoria
editarEstudou violín no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, tendo como mestra á violinista Laura Quintillán. Comeza a súa traxectoria profesional a finais dos anos 80 e principios dos 90, participando nalgunhas das formacións folk máis relevantes do momento como Dhais (grupo da comarca do Deza), Xorima ou Fía na Roca. Desde 1996 é violinista de Berrogüetto. Entre 1997 e 1999 foi profesor da aula de violín no Conservatorio de Música Tradicional na Universidade Popular de Vigo, tarefa que tamén desenvolveu no Conservatorio Folque de Lalín (de 1999 a 2006), e en A Central Folque en Santiago de Compostela (de 2008 a 2009).
Participa en proxectos como Talabarte trío (folk e música improvisada), fundado no 2003 con Pedro Pascual e Kin García, e Aló Django (swing), Sol de Farofa (bossa nova-jazz), Coro da Ra (gospel, soul, jazz), ou noutros de corte máis tradicional como A Banda Das Crechas ou Os d'Abaixo. Entre 2008 e 2009 participou no proxecto Descarga ao vivo, mestura de música galega e cubana.
Realizou distintas colaboracións discográficas coa cantante Uxía, así como con Mugardos, Anubía, Emilio Cao, Pepe Vaamonde Grupo, Leilía, Malvela, Marful, Emilio Rúa, Guadi Galego, Lobalú ou Acrobata (Ugia Pedreira e Fred Martins).
Alén da súa faceta musical, realizou estudos na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago, na especialidade de Volume, entre 1987 e 1991, montando despois un obradoiro onde desenvolve disciplinas como artesanía, gravado, deseño e decoración. Tamén destaca o seu traballo como lutier, onde construíu unha nyckelharpa, instrumento de corda orixinario de Suecia, que empregaría na gravación de Kosmogonías, de Berrogüetto.
Como fotógrafo, tamén autodidacta, participou en exposicións do Outono Fotográfico de Ourense (Des-Orde ou Caos en 2002, e A hora de xantar en 2003), así como en outras colectivas dentro do grupo Clik-Pix. Desenvolveu a parte gráfica de varios traballos de Berrogüetto (Hepta, en colaboración co artista gráfico Georges Rousse, Kosmogonías e O pulso da Terra, en colaboración con Olaia Sendón e Cenlitrosmetroscadrado, respectivamente). No 2007 e 2008 realizou intervencións artísticas en praias de Galiza que serviron de base para ilustrar o traballo discográfico de Uxía, Eterno navegar.
Traballos discográficos
editarTraballos publicados con Berrogüetto
editar- Navicularia, 1996.
- A cantar con Xabarín, 1998.
- Cantigas de Nadal, 1999.
- Viaxe por Urticaria, 1999.
- Hepta, 2002.
- 10.0, 2006.
- Kosmogonías, 2010.
- O pulso da terra, libro-disco de Fernando Neira e Berrogüetto, 2011, Galaxia.
Traballos publicados con Aló Django
editar- Aló Django, 2010.
Traballos publicados con Talabarte
editar- Talabarte, 2011.
- Fake, 2016
Colaboracións con Uxía
editarColaboracións con Descarga ao vivo
editar- Descarga ao vivo Cuba-Galiza, 2009.
Premios
editarCon Berrogüetto
editar- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
- Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998 por Navicularia.
- Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002, por Hepta.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002, por Hepta.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002, por Hepta.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music no 2007, por 10.0.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007, poe 10.0.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007, por Hepta.
- Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011, por Kosmogonías.
Con Talabarte
editar- Finalistas nos Premios Opinión ao mellor disco e ao mellor tema no 2011, por Talabarte e Fendendo achas, respectivamente.
- Finalistas nos Premios de la Música Independiente á mellor música de raíz no 2011, por Talabarte.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia.
Ligazóns externas
editar- Páxina de Berrogüetto Arquivado 18 de setembro de 2011 en Wayback Machine.