Perdita (lúa)
Perdita é un satélite interior de Urano. O descubrimento de Perdita foi complicado. As primeiras fotografías foron tomadas polas sonda espacial Voyager 2 no ano 1986, pero tardaron máis dunha década en ser recoñecidas coma unha nova lúa. En 1999, a lúa foi anunciada por Erich Karkoschka e notificada.[1][4] Pero coma non se puideron tomar máis fotografías para confirma-la súa existencia, foi oficialmente descartada no 2001.[5] Chegados ó 2003, imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble dirixidas a atopar algún tipo de obxecto onde se supuña que debería estar Perdita, deron finalmente coa confirmación da existencia da lúa.[6][7]
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Erich Karkoschka / Voyager 2 |
Descuberta en | 18 de maio de 1999 (a partir de imaxes tomadas o 18 de xaneiro de 1986) |
Características orbitais | |
Radio orbital medio | 76.417 ± 1 km[1] |
Excentricidade | 0,0012 ± 0,0005[1] |
Período orbital | 0,638021 ± 0,000013 d[1] |
Inclinación | 0,0 ± 0,3° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
Satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 30 × 30 × 30 km<[1] |
Radio medio | 15 ± 3 km[1] |
Área superficial | ~2.800 km²[2] |
Volume | ~14.000 km³[2] |
Masa | ~0,18 x 1017 kg[2] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada) |
Gravidade superficial | ~0,0047 m/s2[2] |
Velocidade de escape | ~0,011 km/s[2] |
Período de rotación | sincrónica[1] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[1] |
Albedo | 0,08 ± 0,01[3] |
Temperatura superficial | ~64 K[2] |
Despois do seu descubrimento no 1999, Perdita recibiu a designación temporal de S/1986 U 10.[4] Recibiría máis tarde o nome da filla de Leontes e Hermione na obra de William Shakespeare, The Winter's Tale. A lúa foi tamén designada coma Urano XXV.[8]
A lúa orbita entre Belinda e Puck. As medicións arriba mencionadas do Hubble proban que Perdita non segue un movemento directo Kepleriano ó redor de Urano. Pola contra, está claramente nunha resonancia orbital de 43:44 coa veciña lúa Belinda. É tamén está moi próxima a ter unha resonancia orbital de 8:7 con Rosalinda.[1][6]
Perdita pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Crésida.[3] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[3] Por desgraza, a parte da súa órbita,[1][6] o seu radio de 15 km[1] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[3], pouco máis se sabe deste astro.
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Calculado en base a outros parámetros
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
- ↑ 4,0 4,1 Karkoschka, Erich (18-05-1999). "IAU Circular No. 7171". Arquivado dende o orixinal o 04-05-2006. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ Foust, Jeff (31-12-2001). "Moon of Uranus is demoted". Spaceflight Now. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark R. Showalter; Lissauer, Jack J. (22-12-2005). "The Second Ring-Moon System of Uranus: Discovery and Dynamics". Science Express 311: 973. PMID 16373533. doi:10.1126/science.1122882. Arquivado dende o orixinal o 25-01-2009. Consultado o 05-12-2009.
- ↑ Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (03-09-2003). "IAU Circular No. 8194". Consultado o 06-10-2018.
- ↑ USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Perdita ProfileArquivado 08 de agosto de 2007 en Wayback Machine. by NASA's Solar System Exploration (en inglés)