Otto Stern

físico alemán

Otto Stern, nado en Sohrau o 17 de febreiro de 1888 e finado en Berkeley o 17 de agosto de 1969, foi un Físico alemán, nacionalizado estadounidense.

Modelo:BiografíaOtto Stern

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Żory, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de agosto de 1969 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSunset View Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Breslau
Johanneum Breslau (en) Traducir
Universidade de Frankfurt Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, químico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo
Universidade de Rostock
Universidade Carnegie Mellon
Universidade de California, Berkeley
ETH Zürich Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteHamburgische Biografie
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Штерн Отто)
Enciclopedia soviética armenia Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Stern-2130 Find a Grave: 10904027 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Stern naceu no seo dunha familia xudía en Sohrau (Żory) daquela parte do Imperio Alemán de Prusia (hoxe en día Polonia).

Estudou na Universidade de Breslau, sendo, posteriormente, profesor na Escola Técnica de Zürich, na Universidade de Frankfurt e na Universidade de Hamburgo. En 1933 dimitiu como profesor nesa universidade, trasladándose aos EUA, onde obtivo o cargo de profesor de investigación de física no Instituto Carnegie de Tecnoloxía (hoxe Universidade Carnegie Mellon) en Pittsburgh, Pensilvania.

 
Otto Stern, Lise Meitner (1937).

Nos seus labores de investigación, calculou o momento magnético do átomo de prata. Tamén, achou para o momento magnético do protón un valor 2,5 veces maior que o predito pola teoría de Paul Dirac.

Foi galardoado en 1943 co premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os feixes moleculares, as propiedades magnéticas dos átomos e o descubrimento do momento magnético do protón nunha serie de experimentos realizados en colaboración con Walther Gerlach coñecidos popularmente como experimento de Stern-Gerlach.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar