Operación Mincemeat
A Operación Mincemeat ou Carne moída foi un exitoso plan de contrainformación nun contexto de espionaxe británico posto en marcha durante a Segunda guerra mundial.
Desenvolvemento
editarComo parte dos plans xerais da Operación Barclay para disfrazar os preparativos para a invasión de Italia (Operación Husky) desde África do Norte, a Mincemeat axudou a convencer ao Alto Mando do Heer alemán de que os aliados pretendían invadir Grecia e Sardeña en 1943 en lugar de Sicilia, que era o verdadeiro obxectivo. Isto conseguiuse enganando aos alemáns dicindo que interceptaran accidentalmente documentos confidenciais que detallaban os plans aliados. Os documentos foron unidos a un cadáver, tirado deliberadamente pola borda para ser levado pola forza das ondas até a praia de Punta Umbría, Huelva, contando que a España franquista trasladaría eses documentos aos nazis, como así aconteceu.[1][2][3]
Na literatura e no cine
editar- Ewen Montagu, que xogou un papel protagonista no plan de 1943 para enganar aos nazis, escribiu o libro The Man Who Never Was en 1953 sobre a operación Mincemeat.
- En 1956, Ronald Neame dirixiu o filme The Man Who Never Was baseado no libro homónimo de Montagu.
- En 2021, John Madden dirixiu un filme británicobaseado no libro de Ben Macintyre sobre a operación, que leva por título Operation Mincemeat.
Notas
editar- ↑ Ltd, Not Panicking. "h2g2 - Operation Mincemeat - Edited Entry". h2g2.com. Consultado o 2023-03-05.
- ↑ Barclay, Shelly (2010-08-06). "Who Was “The Man Who Never Was?”". Historic Mysteries (en inglés). Consultado o 2023-03-05.
- ↑ " Espionaje en Huelva: Operación Mincemeat: El hombre que nunca existió.". www.culturandalucia.com (en castelán). Consultado o 2023-03-05.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Historia |
A Galipedia ten un portal sobre: Segunda Guerra Mundial |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Ligazóns externas
editar- O mendigo que gañou a II Guerra Mundial (en inglés)
- Detalles sobre a operación Mincemeat (en portugués)
----
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |