Norma de reacción

En ecoloxía e xenética, unha norma de reacción describe o patrón de expresión fenotípica dun só xenotipo ao longo dun rango de ambientes. Un dos usos das normas de reacción é para describir como diferentes especies (especialmene as especies emparentadas) responden a ambientes que varían. Pero diferentes xenotipos dentro dunha soa especie poden tamén mostrar diferentes normas de reacción para un determinado trazo fenotípico e un ambiente variable. Para cada xenotipo, trazo fenotípico, e ambiente variable, pode existir unha norma de reacción diferente; noutras palabras, pode existir unha enorme complexidade nas interrelacións entre a xenética e os factores ambientais en determinados trazos. O concepto foi introducido por Richard Woltereck.[1][2][3][4][5]

Un exemplo monoclonal

editar

Cientificamente analizar normas de reacción en poboacións naturais pode sedr moi difícil, simplemente porque as poboacións naturais de organismos con reprodución sexual xeralmente non teñen diferenzas xeneticas claramente separadas ou superficialmente identificables. Porén, as sementes de cultivo agrícola producidas polos humanos están a miúdo modificadas por enxeñaría para que conteñan xenes específicos, e nalgúns casos os stocks de sementes consisten en clons. Por tanto, distintas liñas de sementes presentan exemplos ideais de normas de reacción diferenciadas. De feito, as compañías agrícolas comercializan sementes para o seu uso en ambientes particulares baseándose exactamente isto.

Supoñamos que a liña A de sementes contén un alelo a, e unha liña B da mesma especie contén un alelo b, do mesmo xene. Con estes grupos controlados xeneticamente, poderiamos cultivar cada variedade (xenotipo) nun rango de ambientes. Este rango pode ser natural ou formado por variacións controladas do ambiente. Por exemplo, unha planta individual podería recibir máis ou menos auga durante o seu ciclo de crecemento, ou a temperatura media á que as plantas están expostas podería variar ao longo dun intervalo.

Unha simplificación dunha norma de reacción podería afirmar que a liña A de sementes é boa para "condicións con moita auga" mentres que a liña B é boa para "condicións con pouca auga". Pero a total complexidade da norma de reacción é unha función, para cada xenotipo, que relaciona factores ambientais con trazos fenotípicos. Controlando ou medindo os ambientes reais nos cales se cultivan as sementes monoclonais podemos observar as normas de reacción. As distribucións normais, por exemplo, son comúns. Por suposto, as distribucións non teñen que ser curvas campá.

Interacción xenéticas/ambientais mal entendidas

editar

As audiencias populares non científicas frecuentemente comprenden mal ou simplemente non conseguen recoñecer a existencia de normas de reacción. Unha concepción moi común é que cada xenotipo dá un certo rango de posibles expresións fenotípicas. Na concepción popular, algo que é "máis xenético" dá un rango máis estreito, mentres algo que é "menos xenético (máis ambiental)" dá un rango máis amplo de posibilidades fenotípicas. Este limitado marco conceptual é especialmente frecuente en discusións de trazos humanos como o CI, a orientación sexual, o altruísmo, ou a esquizofrenia.

Concepción popular da interacción xenotio/fenotipo

                               ESCALA DO TRAZO
<--6----------5----------4----------3----------2----------1----------0-->
    ^ (Xenotipo A) ^                                 ^ (Xenotipo B) ^
    |              |                                 |              |
 Ambiente <------> Outro                           Ambiente <------> Outro  
 extremo          extremo                          extremo          extremo

O problema con esta imaxe simplificada común non é que non represente unha posible norma de reacción, senón que, ao reducir a imaxe de dúas dimensións a só unha, enfócase só a expresións fenotípicas non solapadas discretas, e oculta o patrón máis común de máximmo e mínimo local na expresión fenotípica, con rangos de expresión fenotípica que se solapan entre xenotipos.

  1. Not in Our Genes: Biology, Ideology and Human Nature, Richard Lewontin, Steven Rose and Leon J. Kamin (1984) ISBN 0-394-72888-2
  2. The Dialectical Biologist, Richard Lewontin and Richard Levins), Harvard University Press (1985) ISBN 0-674-20283-X
  3. Biology as Ideology: The Doctrine of DNA, Richard Lewontin (1991) ISBN 0-06-097519-9
  4. The Triple Helix: Gene, Organism, and Environment, Richard Lewontin, Harvard University Press (2000) ISBN 0-674-00159-1
  5. Griffiths AJF, Miller JH, Suzuki DT, et al. 2000 Norm of reaction and phenotypic distribution, In An Introduction to Genetic Analysis. 7th edition. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK22080/

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar