Néstor Ogando
Néstor Ogando Blanco, nado en Arcucelos (Retorta, Laza), é un apicultor e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Arcucelos, España |
Alcalde da Gudiña | |
2023 – ← José María Lago Cabo | |
Alcalde da Gudiña | |
1991 – 1992 (moción de censura) ← Guillermo Lago Pérez – Guillermo Lago Pérez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, apicultor |
Traxectoria
editarEstivo emigrado en Barcelona. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Gudiña que obtivo tres concelleiros, pero foi elixido alcalde grazas ao apoio de tres concelleiros do PPdeG, que o votaron para castigar a lista de Centristas de Galicia.[1] En outubro de 1992 unha moción de censura quitóulle a alcaldía.[2] Nas municipais de 1995 foi elixido concelleiro. Foi candidato de novo nas eleccións municipais de 2003, onde foi a segunda forza máis votada. 20 anos máis tarde, nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE,[3] e gañou as eleccións aínda que sen maioría absoluta.[4]
Predecesor: Guillermo Lago |
Alcalde da Gudiña 1991 - 1992 |
Sucesor: Guillermo Lago |
Predecesor: José María Lago Cabo |
Alcalde da Gudiña 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ "El PP apoyó al PSOE en A Gudiña para castigar la «deslealtad» de Centristas, afirma un edil «popular»", La Voz de Galicia, Ourense, 20-6-1991, p. 38.
- ↑ "Con el apoyo de Centristas, el PP arrebata al PSOE la alcaldía de A Gudiña", La Voz de Galicia, 1-11-1992, p. 28.
- ↑ Néstor Ogando vuelve a aspirar a la alcaldía de A Gudiña, que le quitó una moción
- ↑ El PSOE gobernará A Gudiña tras dejar al PP como segunda fuerza