Moeda de 100 francos Marie Curie

moeda conmemorativa francesa de 1984
100 francos Marie Curie [1][2][3]
A/: Dúas coroas de pólas de oliveira e palma. Valor facial. Marcas de ceca (cornucopia e golfiño).

Lendas: RÉPUBLIQUE • FRAÇAISE / LIBERTÉ - ÉGALITÉ - FRATERNITÉ / PHYSIQUE / CHIMIE

R/: Busto de perfil de Marie Courie cara á dereita. Nome do gravador (CORBIN) baixo o busto.

Lendas: • MARIE CURIE • • 1867 - 1934 •

Os 100 francos Marie Curie son unha moeda francesa de prata con valor facial de cen francos franceses emitida en 1984 en conmemoración do cincuentenario do falecemento da científica polaca naturalizada francesa Marie Curie (1867-1934), galardoada co premio Nobel en dúas ocasións.[1][2]

Moeda circulante

editar

Tanto o anverso como o reverso desta moeda foron deseñados e gravados polo escultor e medallista francés Raymond Corbin (1907-2002).[1][2]

O anverso reproduce como motivo prinipal senllas coroas vexetais, unha de palma e outra de oliveira, que representan cada unha un dos premios Nobel obtidos por Marie Curie, o de Física en 1903 e o de Química en 1911.

No reverso amósase un retrato de Marie Curie de perfil, ollando cara á dereita.[1][2]

 
Retrato de Marie Curie en 1903.

Da produción do franco conmemorativo do 50º aniversario do pasamento de Marie Curie encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no reverso, preto do bordo dereito da moeda.[4]

Emisións especiais noutros metais

editar

Ademais da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen outras diversas versións desta moeda con idéntico deseño e cuñadas en metais diferentes, algunhas delas tamén en verión piéfort, é dicir co dobre de grosor e de peso.[5][6]

Tipos e tiraxes

editar
Metal Tipo de emisión Peso Exemplares cuñados
Prata Estándar. 15 g 4.066.247
Proof - Essai. 15 g 1.850
Piéfort. 30 g 500
Ouro Estándar. 17 g 5.000
Piéfort. 53,7 g 34
Platino Piéfort 60 g 9

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar