María Xesús Lama
María Xesús Lama López, nada en Santa Euxea (Guntín) en 1964, é unha filóloga luguesa. En 2018 foi distinguida co Premio Nacional de Ensaio, que outorga con carácter anual o Ministerio de Cultura e Deporte de España, pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).[1]
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Santa Euxea, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga, tradutora, escritora, profesora universitaria, ensaísta |
Empregador | Universidade de Barcelona |
Familia | |
Irmáns | Xavier Lama |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1987 e doutorouse na Universidade de Barcelona no 2002 cun traballo sobre a apropiación dos materiais lendarios celtas e da materia de Bretaña na literatura galega contemporánea.
A súa investigación céntrase na interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia e desenvólvese en tres direccións principais nas que se centran as súas publicacións: a vida e a obra de Rosalía de Castro como escritora fundacional da literatura galega, o tratamento literario da suposta orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. Publicou tamén traducións do alemán e do inglés ao galego.
Colabora habitualmente en diversas revistas literarias.
Obras
editarEnsaio
editar- O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara á construcción dun contradiscurso histórico ficcional na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, 2001, Universidade de Barcelona.
- Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), 2017, Galaxia.[2]
Traducións
editar- A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher, 1992, Galaxia. Tradución con Henrique Monteagudo.
- Contos, de Hoffmann, 1996, Tris Tram. Tradución con Marta Ares Fontela.
- Vinte e nove contos, de Quim Monzó, 2008, Sotelo Blanco.
Edicións
editar- Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, 1995 e 2008, Galaxia.
- Canto do pobo disperso, de Valentín Paz-Andrade, 2012, Consello da Cultura Galega.
Obras colectivas
editar- Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona, 2003, 2007, Ediciós do Castro. Coeditora con Helena González.
- Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Edición con Helena González.
- Ramón Piñeiro. Día das Letras Galegas 2009, 2009, Universidade de Santiago.
Premios
editar- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio/investigación de 2017, por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade.
- En 2018 gañou o Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura e Deporte de España por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).[1]
- Premio de ensaio Baltar Feijoo da Fundación Rosalía de Castro por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensayo 2018". Ministerio de Cultura y Deporte. 8/11/2018. Arquivado dende o orixinal o 05/01/2019. Consultado o 04/01/2019.
- ↑ Lama, M.ª X. (2017). Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Galaxia. ISBN 978-84-9151-040-6.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Xesús Lama |