Manuel Rivero Pérez
Manuel Rivero Pérez, nado en Vilela (Os Baños, Bande)[1] o 11 de decembro de 1953,[2] é un escritor galego.
Manuel Rivero Pérez en 2024 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1953 (71 anos) Vilela, España |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarA súa formación académica abrangue a licenciatura en Socioloxía, en Antropoloxía, en Ciencias Políticas e experto sociolaboral, como alumno da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Humanidades pola Universidade da Coruña. Ademais, cursou un mestrado en Recursos Humanos (CEREM) e é European Financial Advisor pola EFPA, pasando tamén polo Instituto de Estudios Financieros, Instituto de Empresa e o IESE. Comezou a súa vida laboral como funcionario de correos, pasando logo ó BBVA e chegando a ocuparse da área de formación da zona noroeste, onde rematou a súa vida laboral.
Ten colaborado, entre outros, con Revista de Folklore, Piedras con Raíces, Argutorio, Astórica, Agália, Lethes, Arraianos, Arquiverna, Porto dos Cavaleiros, Auria, El Faro, El Pensamiento Astorgano, Astorgaredacción[3] ou Galicia Dixital.[4]
Obra
editar- De Roncesvalles a Compostela: un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitudes, 2006. ISBN 978-84-611-3947-7.
- Las claves del autodesarrollo, del desempeño eficaz y del liderazgo, 2008. ISBN 978-84-612-1802-8.
- El ilímite del potencial humano (en colaboración con Iago Santalla), 2011. ISBN 978-84-614-6518-7.
- Universo Aurora Sampedro Piñeiro, 2023. ISBN 978-84-125561-8-6.
- Eugenio Montes. O intelectual silenciado, 2024. ISBN 978-84-16643-60-8.
Notas
editar- ↑ "Manuel Rivero - Galegos - Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-03-18.
- ↑ "Manuel Rivero Pérez". Museo da Limia.
- ↑ Pérez, Manuel Rivero (2023-09-17). "Aurora Sampedro Piñeiro, científica de raíces maragatas adelantada a su tiempo". Astorga Redacción. Periódico digital de Astorga, Maragatería, Cepeda y Órbigo (en castelán). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2024-03-18.