Manuel Octavio Gómez

director de cine cubano

Manuel Octavio Gómez, nado na Habana o 14 de novembro de 1934 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1988, foi un director de cine e escritor cubano, de orixe galega.

Modelo:BiografíaManuel Octavio Gómez
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1934 Editar o valor en Wikidata
Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, xornalista, pintor, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0351182 Allocine: 10424 Allmovie: p91995 BNE: XX958546 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na Habana, sendo fillo de galegos emigrados.[1] Combateu na guerrilla de Fidel Castro en Sierra Maestra e foi membro da sección de cine do Exército Rebelde. Tras o triunfo da Revolución Cubana fundou o Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC).[2]

O seu filme de 1971 Los días del agua foi seleccionado para o 7º Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio FIPRESCI.[3]

Faleceu na Habana o 2 de xaneiro de 1988, un mes antes da estrea en Santiago de Compostela do seu último filme, Galego.[4]

Filmografía

editar
  1. "Miguel Bamet, un solitario enamorado de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1988. 
  2. "Hace un año que Manuel Octavio Gómez comenzaba a rodar «Gallego» en Mondariz". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1988. p. 20. 
  3. "Los días del agua". FIPRESCI. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  4. "«Gallego», la crónica épica y cinematográfica de la emigración a Iberoamérica, en claves cubanas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de febreiro de 1988. p. 72. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar