Juan Picasso

militar español
(Redirección desde «Juan Picasso González»)

Juan Picasso González, nado en Málaga o 22 de agosto de 1857 e finado en Madrid o 5 de abril de 1935, foi un militar español, condecorado coa Cruz Laureada na Primeira Guerra do Rif en Marrocos e encargado da importante investigación militar coñecida como o Expediente Picasso. No extenso informe, denunciaba as malas decisións do alto mando militar e as corrupcións xeneralizadas durante o desastre de Annual en 1921. Este expediente tería importantes consecuencias militares e políticas pondo fin á chamada restauración borbónica en España en 1923 ao ser a causa directa do golpe de estado de Primo de Rivera.

Modelo:BiografíaJuan Picasso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1857 Editar o valor en Wikidata
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1935 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1876 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral de división (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Margallo (pt) Traducir
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1262711

Foi ademais parte do Consello Supremo de Guerra e Mariña, e delegado militar de España no Consello da Sociedade das Nacións entre 1920 e 1923.

Traxectoria

editar

O seu pai, Juan Bautista Picasso Guardeño vivía en Málaga e era irmán de Francisco Picasso, avó materno de Pablo Ruiz Picasso. Casou con María Luz Vicent Lasso de la Vega e tivo dous fillos: Néstor en 1887 e Adalberto en 1893.

Carreira militar

editar

Ingresou na Academia do Estado Maior en xullo de 1878 como alférez alumno, ascendendo a tenente en xuño de 1880. Entre 1880 e 1893, ocupou diversos destinos nos distritos de Castela a Nova, Andalucía (en Granada fundamentalmente) e Ceuta.

O asedio en Melilla

editar

Pola Real Orde (R.O.) de 20 de decembro de 1890, formou parte da comisión para reformular os límites xurisdicionais de Melilla, que foran expostos en 1863, e a posterior demarcación dunha zona neutral de 500 metros de anchura determinada polo convenio con Marrocos asinado o 30 de outubro de 1861 trala Guerra de África ou Primeira guerra de Marrocos. Durante os seguintes dous anos, non se chegou a un acordo entre ambos os países.[1]

No outono de 1893 como capitán, foi enviado a Melilla, onde se iniciou a chamada Guerra de Margallo ou Primeira guerra do Rif como agregado á segunda brigada da segunda división. O 27 de outubro, atopábase co xeneral Juan García y Margallo, no forte de Cabrerizas Altas, asediado polos rifeños, sen poder comunicar a súa delicada situación. O día seguinte, recibiu a orde do xeneral para que marchase a cabalo e cunha escolta ao próximo forte de Rostrogordo para dende alí, dar conta ao gobernador do asedio. Con todo, cando chegou ao forte de Rostrogordo, viu que estaba igualmente rodeado e dirixiuse directamente a Melilla con grave risco persoal, conseguindo informar da situación e procurando o envío de axuda aos fortes cercados. Por esta acción o 28 de agosto de 1893, recibiría a Cruz Laureada de San Fernando de segunda clase e o ascenso a comandante con 36 anos.[1][2]

Ascensos

editar

Dous anos despois ascendeu rapidamente a tenente coronel e, en 1902, ao rango de coronel. Dende finais de novembro de 1909 até o final de marzo de 1910, desempeñou o cargo de xefe de Estado Maior do goberno militar de Melilla. En 1915, ascendeu a xeneral de brigada, pasando a maior parte do resto da súa carreira militar no Ministerio da Guerra en Madrid.

En febreiro de 1919, sendo practicamente un descoñecido, foi proposto para ministro de Guerra con sesenta e dous anos, cargo que rexeitou respondendo: «Pois llo agradezo moito, pero mire vostede, prefiro seguir traballando no meu e ser o que son, un militar honrado.»[3]

Formou parte da Comisión Permanente Consultiva de Asuntos Militares, Navais e de Aviación, sendo o representante español ante a Sociedade de Nacións desde 1920 a 1923.

En novembro de 1911, presionada por Reino Unido, Francia cede a España o protectorado español de Marrocos. O goberno, alentado polo mando militar, inicia a conquista militar do territorio coa que, aínda que pobre e tribal, ofrecía recuperar a unha sociedade española humillada pola perda das súas últimas colonias na breve guerra hispano-estadounidense. Será durante a coñecida como guerra de Rif, na que xorden un grupo de oficiais conservadores e agresivos coñecidos como os africanistas, entre eles un mozo chamado Francisco Franco.[4]

A investigación do desastre de Annual

editar

O 16 de febreiro de 1921 recibiu o ascenso a xeneral de división. Entre o 30 de xullo de 1921 e o 23 de agosto de 1923, formou parte do Consello Supremo de Guerra e Mariña do goberno.

 
Xaneiro de 1922. Guerra do Rif. Meses despois da batalla de Annual (xullo-agosto de 1921) os restos continúan dispersos.

Por R.O. de 4 de agosto de 1921, o ministro Luís de Marichalar y Monreal, vizconde de Eza, nomeou a Picasso xuíz instrutor para elaborar un informe de carácter oficial que examinara os antecedentes e circunstancias que concorreron no abandono de posicións do territorio marroquí asignado á Comandancia Xeral de Melilla.

O nomeamento, contaba cunha polémica limitación, establecida ao principio de non estenderse á actuación do alto comisario, o xeneral Dámaso Berenguer,[1] como apareceu reflectida nunha Real Orde de 24 de agosto, na que Picasso foi avisado de non realizar investigación que puidera involucrar ao Alto Mando. O 1 de setembro, noutra R.O. —a instancias de Berenguer—, avísase, de novo, a Picasso para que non estenda a súa investigación. O día 6 setembro, hai un telegrama «persoal e reservado» do novo ministro De la Cierva a Picasso, con forma improcedente de «Real Orde».

Tras varias meses de traballo, o 18 de abril de 1922, entregou ao Congreso dos Deputados o expediente cun informe final redactado por el mesmo que constituía nun total de 2.417 folios.[5] O seu traballo coñeceuse como o Expediente Picasso, e nel sinalábanse múltiples erros militares así como unha corrupción xeneralizada no exército. O expediente, derivou nunha serie de consecuencias políticas e militares, e foi utilizado pola oposición aos diferentes gobernos conservadores nese momento, aos militares chamados africanistas e ao propio rei Afonso XIII.

O 21 de decembro, o xornal La libertad, no centro da súa portada puña unha caricatura de Exoristo Salmerón baixo o título: «Figuras y figurones» de Juan Picasso seguida do texto:[6]

O que Dióxenes quería,

encontrar co seu chisqueiro,

en Picasso, o xusticeiro,

a nosa patria posuía.

E así ao escoita-lo seu nome,

orgullosa e pracenteira,

di ao mundo España enteira:

«¡É o meu home!»
Exoristo Salmerón. La libertad. 1922

Posteriormente, por mor da gravidade das conclusións, o ministerio da Guerra enviou unha copia ao presidente do Congreso dos Deputados que ordenará a creación dunha comisión de investigación, propiamente política, paralela á militar.[5] Finalmente, Berenguer foi xulgado e condenado por un tribunal militar e antes de que se presentaran as conclusións da comisión de investigación, para evitar que puidesen afectar ao rei, que a nivel popular xa era considerado culpable, o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera deu un golpe de estado.

A chegada da Ditadura, a República e o retiro

editar

Juan Picasso, pasou á reserva o 23 de agosto de 1923 ao cumprir o sesenta e seis anos. Pouco tempo despois, o 13 de setembro de 1923, produciuse o golpe de estado militar que instaurou a ditadura de Primo de Rivera co apoio do rei, e terminou coa exposición do traballo de Picasso sobre o desastre no congreso. Coa chegada da ditadura, o informe abandonouse e fóronse perdendo as copias. Só se conservou unha parte dunhas 300 follas do total do documento.[5] Picasso, aceptou o cambio de réxime e seguiu como membro do Consello Supremo de Guerra e Mariña. Dous anos máis tarde, o 22 de agosto de 1925 pasou á segunda reserva co grao de tenente xeneral.

O 14 de abril de 1931, estableceuse, pacificamente, a Segunda República. Ao se reuniren as Cortes Constituíntes en xullo de 1931 formouse outra comisión de responsabilidades para examinar as que se contraeran baixo o réxime ditatorial. Ordenouse que o expediente Picasso volvese de novo a mans desa comisión; porén, quedou todo en suspenso fronte ós novos problemas que tiña a nova sistema político.

Picasso, faleceu por un cancro de gorxa en 1935. A súa morte foi coñecida por unha necrolóxica aparecida no diario ABC dous días despois.[7] Foi enterrado no cemiterio Sacramental de San Lorenzo e San José. A súa esposa, María Luz Vicent, faleceu un mes despois por cancro de peito.[8]

Recoñecementos

editar

En 1922, foi nomeado co título honorífico de fillo predilecto da cidade de Málaga.

As «charreteras», divisa que formaba parte do uniforme, de Juan Picasso expóñense no Museo Histórico Militar de Melilla tras unha doazón por parte dun dos seus descendentes.[9]

Entre 2016 e 2017, na Fundación Picasso Museo Casa Natal en Málaga organizouse a exposición «O xeneral Picasso. Militar e Debuxante», centrada na faceta como debuxante do Juan Picasso.[10]

  1. 1,0 1,1 1,2 Saro Gandarillas, Francisco. "Juan Picasso González". Diccionario Biográfico Español (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 2020-04-25. 
  2. Ramos Oliver, Francisco (xullo de 2013). "Las Guerras de Marruecos" (PDF) (en castelán). UNED. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22-02-2014. Consultado o 29-4-2020. 
  3. Pando Despierto, Juan (27 enero de 1999). "Capítulo II Los ojos del Rey en Marruecos". En Temas de Hoy. Historia secreta de annual. p. 42. ISBN 8478809716. 
  4. Armada Díaz, Joaquín (2019-06-17). "Africanistas: corrupción en Marruecos". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 2020-04-25. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Martín Alarcón, Julio (28-4-2016). "Expediente Picasso: la vergüenza del ejército que arrinconó a Alfonso XIII". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19-4-2020. 
  6. Salmerón, Exoristo (21-12-1922). "Figuras y figurones". La Libertad. p. 1. Consultado o 29-4-2020. 
  7. "Juan Picasso y González". abc.es (en castelán). 7-4-1935. p. 61. Consultado o 29-4-2020. 
  8. Pando (1999), p. 204
  9. Redacción (20 de febreiro de 2017). "Las “Charreteras” del general Picasso vuelven al Museo Militar de Melilla tras exponerse en Málaga". melillahoy.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 29-4-2020. 
  10. "EL GENERAL PICASSO. MILITAR Y DIBUJANTE". fundacionpicasso.malaga.eu. 22-08-2016. Consultado o 29-4-2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Pando Despierto, Juan (1999). Historia secreta de Annual (en castelán). Madrid: Temas de Hoy. ISBN 8478809716. 
  • Picasso González, Juan (2003). El expediente Picasso: las sombras de Annual. Madrid: Almena Ediciones. ISBN 978-84-96170-01-8. 
  • Ramos Oliver, Francisco (2013). Exemplar dedicado a: APORTACIONES A CINCO SIGLOS DE LA HISTORIA MILITAR DE ESPAÑA / coord. por Evaristo C. Martínez-Radío Garrido. "Las guerras de Marruecos". ENTEMU (en castelán) (UNED, Universidad Nacional de Educación a Distancia: Centro Asociado de Asturias) (XVII): 165–185. ISSN 1130-314X. 
  • Tusell Gomez, Javier; Jover Zamora, Jose María; Seco Serrano, Carlos (2001). La España de Alfonso XIII: el estado y la política (1902-1931). Serie: Historia de España, tomo 38 (en castelán) 2. Madrid: S.L.U. Espasa Libros. ISBN 9788423989034. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar