Isidro Dubert

historiador galego

Isidro Dubert García, nado en Muros o 2 de novembro de 1961, é un historiador e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela.

Modelo:BiografíaIsidro Dubert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Muros, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Dubert García Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4579272 BUSC: dubert-garcia-isidro-1961 Dialnet: 169514

Traxectoria

editar

Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela dende 2010, é membro do consello de redacción de Annales de Démographie Historique. Fundador da revista especializada Obradoiro de Historia Moderna (1991-1992) da que actualmente (2018) é director. Profesor invitado na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París no curso 2014-2015. Dende 2008 é membro do Conselho de Asesoramento Científico do Centro de Estudos da Populaçao, Economia e Sociedade da Universidade de Porto. Foi membro así mesmo da xunta directiva da Asociación de Demografía Histórica Española, (2008-2011), e vogal da Fundación Española de Historia Moderna (2011-2014). Na actualidade (2018) é director do departamento de Historia Moderna.

Realizou estancias de investigación na Universitá degli Studi dei Bologna (1989); na E.H.E.S.S. de París (1990, 1998, 2004); na University de Cambridge (2001) e no C.R.M. da Université de la Sorbonne-Paris IV (2008). Participou en numerosos congresos, coloquios e seminarios especializados nacionais e internacionais. Foi Investigador Principal en distintos proxectos de I+D+i conseguidos en réxime de concorrencia competitiva, como Servizo doméstico e mercados de traballo na Galicia do Antigo Réxime, séculos XVIII-XIX (2002-2004); Vellez e envellecemento na historia de Galicia (2005-2008); ou Mobilidade poboacional campo-cidade, mortalidade e estrutura demográfica urbana no noroeste peninsular(2010-2012).

Aínda que nos últimos anos se interesou polo estudo das migracións campo-cidade, o servizo doméstico, a socioloxía do clero, a cultura popular, a pesca e o comercio marítimo ou a vellez e o envellecemento da poboación, os seus actuais centros de interese viran ao redor do estudo dos mercados de traballo urbanos e a análise sociodemográfica da sexualidade pre e extramarital. Os resultados máis relevantes das súas investigacións apareceron publicados en revistas especializadas como Journal of Family History; Gender&History; Annales de Démographie Historique; Continuity and Change; Populaçao e Sociedade; Revista de Demografía Histórica; Obradoiro de Historia Moderna; Revista de Historia Agraria; Studia Storica. Historia Moderna; etc. [1]

Obra bibliográfica

editar
  • Bartolomé Rajoy y Losada, arzobispo y señor de Compostela. Vigo: Nigra Trea. 2010. 978-84-15078-04-3
  • Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900. Santiago de Compostela: USC. 2007. 978-84-9750-789-9
  • Carlos V y la ciudad de La Coruña. Madrid: Club Bibliófilo Versol. 2000. 84-930453-3-0
  • Historia de la familia en Galicia durante la época moderna, 1550-1830 (estructura, modelos hereditarios y conflictividad). Ediciós do Castro. 1992. 84-930453-3-0
  • Estructura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Santiago de Compostela: USC. 1991. 84-7191-700-9
  • Los comportamientos de la familia urbana en la Galicia del Antiguo Régimen el ejemplo de Santiago de Compostela en el siglo XVIII. Santiago de Compostela: USC. 1987. 84-7191-423-9.

Vida persoal

editar

É irmán de Francisco Dubert.

  1. "Membro - Isidro Dubert - Historia Moderna". www.usc.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-27. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar