Inferno
O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.
Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.
Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.
O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.
Na Biblia
editarNo cristianismo existen diversas concepcións respecto ao inferno, correspondentes ás diferentes correntes cristiás. A idea de que o inferno é un lugar de condenación eterna, tal como preséntase hoxe para diversas correntes cristiás, nin sempre foi e aínda non hai consenso entre os cristiáns. Nos primeiros séculos do cristianismo, houbo quen defendeu que a permanencia da alma no inferno era temporal, unha vez que inferno significa "sepultura", de onde, segundo os Evanxeos, a persoa pode saír cando resucita. Essa idea é defendida hoxe por varias correntes cristiás.
No Antigo Testamento
editarNo Novo Testamento
editarO inferno na cultura popular galega
editarLocucións
editar- Estar un nos quintos infernos: estar algo ou alguén moi lonxe.
- Mandar a un ós quintos infernos: despedir a alguén de malos modos.
- Ser un moi mixiriqueiro pro inferno: ser alguén moi delicado, que se queixa por todo e en calquera circunstancia.
- ¡Vaite ó inferno!: expresión de ira coa que se rexeita a alguén.
Refraneiro
editar- Caldo sen pan no inferno o dan.
- De boas intenciós está o inferno cheo.
- Está o inferno cheo de mal agradecidos.
- O inferno está cheo de bos desexos.
- O inferno está cheo de bos desexos, e o ceo de boas obras.
- San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno.
- Un soilo demo non fai inferno.
Cantigueiro
editar- Dúas cousas hai no mundo/ que non podio comprender:/ Que un cregho vaia ó inferno/ e un ciruxano morrer.
- Murmura, murmuradora,/ murmura de min e doutro,/ que no inferno hai unha cama/ pra descansares un pouco.
- Teño que cantar e rir,/ teño de pasar o tempo,/ o que estea no inferno/ que se meta máis adentro.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |