Igrexa de Santa Baia de Lañas
A igrexa de Santa Baia de Lañas[1] é un templo católico na parroquia de Lañas, no concello da Baña.
Igrexa de Santa Baia de Lañas | |
---|---|
País | España |
Localización | Lañas |
Coordenadas | 42°57′13″N 8°42′25″O / 42.953715312673, -8.7069773412603 |
[ editar datos en Wikidata ] |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Descrición
editarConstruída na segunda metade do século XII no estilo románico, foi remodelada e ampliada no século XVIII en estilo barroco, cando se lle engadiu unha capela e a sancristía polo lado norte e se reformou a fachada oeste.
A igrexa ten nave de planta rectangular de 11,4 m de longo por 5,5 de largo con cuberta a dúas augas. Ten dous corpos acaroados na cabeceira e no costado dereito e con presbiterio destacado. Os muros son de cadeirado granítico e a cuberta é a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado en fiadas ben axustadas, ten unha porta alintelada con molduras, fornela e ventá abucinada cara ao exterior. Ten unha espadana grande de dobre corpo de ocos con arcos de medio punto, rematada en edículo con oco, pináculo e cruz de forxa, tres machóns, dous acróteros balaustrados laterais, un corpo mixtilíneo central e un elevado remate balaustrado, de esvelto canon. Na parte románica do templo hai canzorros nos beirados do tellado por todas as caras do templo con figuras de zoomorfos e vexetais, e tamén unha porta cegada que tiña arco de medio punto con molduras. A sancristía está arrimada ao muro norte da capela maior.
No interior ten un único retablo e varias imaxes.
Notas
editar- ↑ Igrexa de Santa Baia de Lañas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- https://www.turismo.gal/recurso?langId=gl_ES&cod_rec=22741&%3Bamp%3Bctre=31
- http://www.artmedieval.net/castella/Espanya/Galicia/Santa%20Baia%20de%20Lanas.htm (en castelán)
- https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/a_coruna_La%C3%B1as_A_Ba%C3%B1a.pdf (en castelán)
- http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (p. 11 de 19)