Hattusa, hoxe Boğazkale (antes chamada Boğazköy) en Turquía, foi a capital do imperio hitita. Situada en Anatolia, nun meandro do río Halys, sucedeu a Nesa durante o reinado de Labarna II que tomou o nome de Hattushilis I para marcar o acontecemento, sobre -1650.

Modelo:Xeografía físicaHattusa
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deHattusha: the Hittite Capital (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBoğazkale, Turquía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°01′11″N 34°36′55″L / 40.019722222222, 34.615277777778
Características
Superficie261 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1986 (10ª Sesión)
Identificador377-001
Historia
Data de disolución, retirada ou demolición1200 a. C. Editar o valor en Wikidata

Páxina webmuze.gov.tr… Editar o valor en Wikidata

Antes de ser unha cidade hitita, foi unha cidade hatti, quen a denominaban na súa lingua Hattush.

Destruída polos invasores Gasga, é reconstruída no reinado de Hattusilis III, sobre -1287. Foi incendiada outra vez durante a invasión dos Pobos do Mar en -1190.

Os restos da muralla da cidade

A meirande parte dos edificios atopados nas escavacións de Hattusa data da súa reconstrución no século -XIII: o seu perímetro, de máis de 6 km, encerra un terreo de máis de 176 ha. É o centro de decisión dun imperio militar, dotada dunha cidadela defensiva e de importantes reservas, situados no baixo dos edificios. A cidade vella, cara ao oeste, e a cidade baixa, máis recente, cara ao sur, están rodeadas de potentes murallas. Están divididas en barrios protexidos eles tamén por murallas, cousa que reforza o carácter militar da cidade. A cidadela (Büyükkale), empoleirada no cumio dun pico rochoso de 250 m por 150 m, comprende o palacio, residencia real e centro da administración do imperio. Está compartimentada por catro patios de importancias variábeis, a miúdo bordeados de pórticos, ao redor dos que se distribúen os principais monumentos da administración, os arquivos, a sala de recepción con columnata, a residencia real no nivel máis alto. As murallas da cidadela elévanse sobre un terraplén que pode chegar a acadar máis de 60 m de ancho e cuxa pendente se transforma nunha vertente cada vez máis inclinada. A base está feita de grava de bo tamaño, e ás veces úsase o aparello ciclópeo; máis ou menos a 9 m abaixo do terraplén, o muro continúa con ladrillos sen cocer, con torres rectangulares cada 30 m. As portas están flanqueadas de torres e pechadas con batentes de bronce.

A cidade vella comprende un enorme templo (260 m por 160) dedicado a Teshub, deus da Tempestade e á deusa do Sol, Arinna ou Hebat, organizado ao redor dun patio central rectangular e dotado de tres “cella” moi retiradas, de almacéns e doutras dependencias. Outros santuarios máis pequenos están situados na cidade nova.

Ruínas dun templo da cidade

Téñense atopado na biblioteca de Hattusa as grandes obras mesopotámicas e poemas épicos escritos en acadio, himnos en sumerio, en acadio e en hurrita, rituais e himnos en luvita. A narración histórica é un xénero no que os hititas se distinguiron particularmente. Son os primeiros que tiveron unha comprensión da Historia. Os seus anais teñen o senso da anécdota, analizan as razóns polas que tal ou cal acción foi emprendida e, nos prólogos dos tratados, lembran as relacións anteriores que motivaron o acordo.

Varios

editar

Desde 1986 as ruínas de Hattusa son Patrimonio Mundial da UNESCO.

Ligazóns externas

editar