Hémera
deidade feminina da mitoloxía grega
Hémera ou Hemera, na mitoloxía grega, era unha das deusas primordiais (Protogonos), a personificación feminina do Día. Na mitoloxía romana recibía o nome de Dies.
Biografía | |
---|---|
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Patrón de | Luz diurna e día |
Familia | |
Cónxuxe | Éter (mitoloxía) |
Parella | Cephalus |
Fillos | Tálassa () Éter (mitoloxía) Urano () Caos Aura () BóreasOrítia Xea () Caos |
Pais | Erebo e Nicte |
Irmáns | Éter (mitoloxía) |
Era filla de Érebo (as Tebras) e Nicte (ou Nyx) (a Noite). Pero para Baquílides era filla de Nyx e Cronos, e Hixino faina filla de Caos e da Escuridade, xunto a Nicte, Érebo e Éter.
"Do Caos naceron Érebo e a negra Noite. Da Noite, á súa vez, xurdiron Éter e Hémera, ós que enxendrou como froito dos seus amores con Érebo".(Hesíodo: Teogonía 124-126)
"Da Escuridade, o Caos. Do Caos e da Escuridade, a Noite, o Día, Érebo e Éter. De Éter e do Día, a Terra, o Ceo e o Mar".(Hixino: Fábulas, Prólogo 1)
Como deusa do día, Hémera saía do Tártaro xusto cando Nicte entraba nel, e Nicte volvía a saír cando Hémera regresaba.
"Ante estas portas [do Tártato] o fillo de Xapeto [Atlas] sostén de pé, coa súa cabeza e as incansables mans, o ancho ceo inmóbil, alí onde a Noite e o Día se achegan e saúdan, cruzando o gran limiar de bronce: unha baixa cara o interior, outra vaise cara a porta, e nunca a ambas acolle dentro a casa, senón que sempre unha das dúas, fóra dela, dá voltas sobre a terra, mentres a outra, pola súa banda, agarda ata que chegue a hora do seu camiño".(Hesíodo: Teogonía 746-755)
Pausanias confundeu a Hémera con Eos, cando di que secuestrou a Céfalo, a partir da observación do Pórtico Real de Atenas, onde se ilustraba o mito de Eos e Céfalo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hémera |
Bibliografía
editar- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
- Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.