Grupo parlamentario

agrupación de parlamentarios segundo a súa afinidade partidista

Denomínase Grupo parlamentario en España, a cada un dos grupos formados polos membros do parlamento obtidos no Congreso dos Deputados procedentes dos diferentes partidos políticos.

Formación

editar

As condicións para formar un Grupo Parlamentario están recollidas no regulamento do Congreso dos deputados e son as seguintes:

  • Requírense polo menos 15 deputados para formar grupo parlamentario.
  • En caso de non alcanzar devandito mínimo, unha formación política, poderá formar grupo parlamentario a partir de 5 deputados, a condición de que se posúa un 15% dos votos nas circunscricións onde se presentou ou un 5% dos votos no conxunto do estado.

As formacións políticas que non cumpran estas condicións pasan a formar parte do Grupo Mixto

Financiamento

editar

Os grupos parlamentarios reciben unha subvención fixa para todos, máis un plus en función do número de deputados. Esta subvención é xestionada polo grupo.

Funcións

editar

Os grupos parlamentarios poden presentar emendas aos proxectos de lei, que son presentados polo goberno. Estas emendas poden ser á totalidade do proxecto, ou ao articulado, é dicir, a partes concretas do proxecto de lei

Grupos parlamentarios existentes a finais do 2024 no Reino de España

editar

Os seguintes grupos parlamentarios son os que existen nas Cortes Xerais na legislaura XV (2023-) do estado español:[1]

  • Grupo Parlamentario Popular: 137 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Socialista: 120 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario VOX: 33 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Plurinacional SUMAR: 27 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Republicano: 7 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Junts per Catalunya: 7 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Euskal Herria Bildu: 6 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV): 5 membros o día 30/12/2024
  • Grupo Parlamentario Mixto: 8 membros o día 30/12/2024 (1 do BNG, Ábalos , 1 UPN , 1 Coalición Canaria , 4 Sumar/Podemos)
  1. "Composición - Congreso de los Diputados". www.congreso.es. Consultado o 2024-12-30. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Regulamento do Congreso dos Deputados