Henry Gray's Anatomy of the Human Body (Henry Gray: Anatomía do corpo humano), popularmente coñecida por Gray's Anatomy, é unha obra de anatomía xeralmente recoñecida como un clásico sobre anatomía humana. O libro foi primeiramente publicado co título Gray's Anatomy: Descriptive and Surgical, na Gran Bretaña, no ano de 1858. No ano seguinte foi publicado nos Estados Unidos de América. O autor do libro morreu tras a publicación da segunda edición do libro, en 1860, con 34 anos de idade. Mentres, a súa obra foi continuada por outros e o 24 de novembro de 2004 publicouse a 39ª edición.

Gray's Anatomy
Título orixinalAnatomy
Autor/aHenry Gray
Ilustrador/aHenry Vandyke Carter
OrixeInglaterra
Lingualingua inglesa
Tema(s)Anatomía humana
EditorialJohn William Parker
Data de pub.agosto de 1858
editar datos en Wikidata ]

Orixes de "Gray's Anatomy"

editar

O anatomista inglés Henry Gray naceu en 1825 ou en 1827. Estudou o desenvolvemento das glándulas endócrinas e da vexiga e en 1853 foi nomeado como profesor de anatomía no St. George's Hospital Medical School en Londres. En 1855 coñeceu o seu colega Dr. Henry Vandyke Carter coa súa idea de producir un libro de anatomía para estudantes de medicina. Morreu moi novo, en 1861, soamente tres anos após a descrición da súa "Anatomy Descriptive and Surgical", á que xeracións de estudantes de medicina renomearon como simplemente "Gray's Anatomy".

Edicións británicas e norteamericanas

editar

Entre 1860 e 1880 sete edicións do libro foron publicadas na Gran Bretaña, publicándose a novena edición en 1880. Nese período o desenvolvemento do texto consolídase coa primeira edición dedicada aos Estados Unidos, posibelmente en 1878 (a información deste feito é escasa). En canto o desenvolvemento da edición británica do texto continuou (e novas edicións británicas seguiron publicándose), tamén se publicaron diferentes edicións nos Estados Unidos.

A edición dos Estados Unidos de 1878 parece ter comezado unha numeración de edición cero (a pesar da versión británica ter sido publicada primeiro). Esta "primeira" edición americana correspondía aproximadamente á oitava edición británica, con edicións posteriores con numeración consecutiva. Iso levou á existencia, por moitos anos, de dúas edicións diferentes de Gray's Anatomy: a estadounidense e a británica. Este feito frecuentemente causa desentendementos e confusións, especialmente cando se fan citas ou cando se tenta adquirir unha certa edición.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar