Gran Premio de Hungría de 2023
O Gran Premio de Hungría 2023 (oficialmente Formula 1 Qatar Airways Hungarian Grand Prix 2023) foi unha carreira de automóbiles de Fórmula 1 que se celebrou o 23 de xullo de 2023 en Hungaroring en Mogyoród, Hungría. A carreira foi a 11ª rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023, a 39ª carreira do Gran Premio de Hungría e a 38ª vez que a carreira se disputou como un evento do campionato do mundo desde a tempada inaugural en 1950.[1]
Nome na lingua orixinal | (en) Formula 1 Qatar Airways Hungarian Grand Prix 2023 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Hungría |
Deporte | Formula racing |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Mogyoród (Gödöllő District (en) ) Hungaroring (Mogyoród) |
País | Hungría |
Intervalo de tempo | 21 de xullo de 2023 – 23 de xullo de 2023 |
Antecedentes
editarO evento tivo lugar durante a fin de semana do 21 ao 23 de xullo..
Opcións de pneumáticos
editar- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os usaran no evento.[2]
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C3) |
Medios (Tipo C4) |
Brandos (Tipo C5) |
Intermedios |
Chuvia |
Clasificación
editarA cualificación celebrouse o 22 de xullo de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2) en condicións de sol.[3]
O gran cambio para a cualificación foron as novas asignacións de pneumáticos. A primeira quenda rodarase de xeito obrigatorio co pneumático duro, a segunda co medio. e na Q3 decisiva, co brando.
Na primeira quenda, Q1, onde Guanyu Zhou liderou o ritmo no seu Alfa Romeo detrás de Max Verstappen e Sergio Pérez Mendoza. Unha breve liorta co tráfico cara ao final da primeira sesión perxudiciou a George Russell, quen xunto a Kevin Magnussen, Logan Sargeant, Yuki Tsunoda e Alexander Albon quedaron noqueados. Mentres tanto, Valtteri Bottas e Lance Stroll tiveron un momento deobstaculación, que foi investigado despois da sesión.
Utilizáronse pneumáticos medios para a segunda quenda, Q2. Lando Norris liderou a sesión desde o principio con Oscar Piastri detrás del. Verstappen encabezou inicialmente a folla de tempos, pero a súa volta eliminouse debido a que saltouse os límites da pista. Nico Hülkenberg foi sexto mentres Bottas volveu cuarto. Fernando Alonso, décimo clasificado, colouse na Q3 cunha diferenza de 0,002 segundos, o que significou que Carlos Sainz quedase eliminado. Sainz uniuse a Daniel Ricciardo, Esteban Ocon, Stroll e Pierre Gasly como parte do grupo todos eliminados. Mentres tanto, Lewis Hamilton situouse segundo.
Por último, utilizáronse os brandos para a terceira e última quenda, a Q3, o que significaba que esta foi a primeira vez que Pérez estaba na Q3 desde o Gran Premio de Miami facía dous meses, clasificouse noveno, por detrás de Hülkenberg. Verstappen puxo o seu coche na pole provisional e manteríao ata que Hamilton logrou a súa primeira pole position desde o Gran Premio de Arabia Saudita de 2021, e rompía unha racha dende o Gran Premio de Miami de poles positions establecidas por Verstappen. Norris e Piastri seguiron mostrando o novo ritmo do McLaren MCL60 clasificándose terceiro e cuarto. Alonso quedou oitavo.[4][5]
Clasificación da cualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:18.577 | 1:17.427 | 1:16.609 | 1 |
2 | 1 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:18.318 | 1:17.547 | 1:16.612 | 2 |
3 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:18.697 | 1:17.328 | 1:16.694 | 3 |
4 | 81 | Oscar Piastri | McLaren-Mercedes | 1:18.464 | 1:17.571 | 1:16.905 | 4 |
5 | 24 | Guanyu Zhou | Alfa Romeo-Ferrari | 1:18.143 | 1:17.700 | 1:16.971 | 5 |
6 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:18.440 | 1:17.580 | 1:16.992 | 6 |
7 | 77 | Valtteri Bottas | Alfa Romeo-Ferrari | 1:18.775 | 1:17.563 | 1:17.034 | 7 |
8 | 14 | Fernando Alonso | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:18.580 | 1:17.701 | 1:17.035 | 8 |
9 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:18.360 | 1:17.675 | 1:17.045 | 9 |
10 | 27 | Nico Hülkenberg | Haas-Ferrari | 1:18.695 | 1:17.652 | 1:17.186 | 10 |
11 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:18.393 | 1:17.703 | 11 | |
12 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:18.854 | 1:17.841 | 12 | |
13 | 3 | Daniel Ricciardo | AlphaTauri-Honda RBPT | 1:18.906 | 1:18.002 | 13 | |
14 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:18.782 | 1:18.144 | 14 | |
15 | 10 | Pierre Gasly | Alpine-Renault | 1:18.743 | 1:18.217 | 15 | |
16 | 23 | Alexander Albon | Williams-Mercedes | 1:18.917 | 16 | ||
17 | 22 | Yuki Tsunoda | AlphaTauri-Honda RBPT | 1:18.919 | 17 | ||
18 | 63 | George Russell | Mercedes | 1:19.027 | 18 | ||
19 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:19.206 | 19 | ||
20 | 2 | Logan Sargeant | Williams-Mercedes | 1:19.248 | 20 | ||
107% tempo: 1:23.613 | |||||||
Fonte:[6][7] |
Carreira
editarA carreira celebrouse o 23 de xullo de 2023 ás 15:00 hora local (UTC+2).[3]
Informe da carreira
editarNa saída, Max Verstappen superou ao polesitter Lewis Hamilton na curva 1 e liderou o resto da carreira de 70 voltas con comodidade, inicialmente con Oscar Piastri detrás del. Tamén na curva 1, Guanyu Zhou, despois dunha mala saída, chocou por detrás a Daniel Ricciardo, que foi empuxado contra as costas de Ocon. Isto empuxou a Ocon contra Gasly, e os dous últimos retiráronse. Isto significaba que Ricciardo quedaba momentaneamente no último lugar.
Os cambios de pneumáticos modificaron a orde, Pérez quedou segundo por detrás de Verstappen, que lideraba con comodidade, Verstappen entraría en boxes e mantería a súa vantaxe. Charles Leclerc foi atacado por Lance Stroll e Carlos Sainz, pero Stroll quedou atrás cando Fernando Alonso adiantouno. A parada de Pérez fixo que Lando Norris fose segundo, e Pérez pronto superou ao compañeiro de equipo de Norris, Piastri, polo cuarto cun pequeno empuxón que mandou a Piastri ao céspede, que os comisarios non investigaron. Pronto, Hamilton tomou o lugar de Piastri pero non puido coller a Pérez. Leclerc acelerou no carril de boxes a unha velocidade de 807 km/h (501 mph) en comparación cun límite de 80 km/h (50 mph), e recibiu un penalización de cinco segundos.
Ao final da carreira, Verstappen sacou unha diferenza de 33 segundos, a máis grande de Verstappen da tempada, mentres Norris seguía defendendo contra Pérez. Logan Sargeant fixo un trompo, que provocou a súa retirada. Red Bull gañou a carreira, batendo o récord de máis vitorias consecutivas dun construtor, con 12, McLaren tiña anteriormente o récord desde 1988, con 11 vitorias consecutivas. Norris de McLaren ocupou o segundo lugar con Piastri quinto. Alonso e Stroll foron noveno e décimo, respectivamente. O segundo lugar de Norris foi a primeira vez na súa carreira na Fórmula Un que conseguiu dous podios consecutivos e a primeira vez que McLaren conseguiu podios consecutivos desde as vitorias consecutivas de Lewis Hamilton e Jenson Button no Gran Premio dos Estados Unidos de 2012 e Gran Premio do Brasil de 2012, respectivamente.[8][9][10][11]
No podio, Norris rompeu accidentalmente o trofeo de Verstappen, un vaso feito a man da Herend valorado nuns 45.000 dólares durante as celebracións. Norris burlouse do incidente, "culpando" a Verstappen do incidente, aínda que desde entón Norris pediu desculpas a el e ao seu equipo. Herend produciu un trofeo de substitución sen custo, que foi entregado a Verstappen a finais de agosto coa asistencia de Norris cunha factura falsa polo trofeo.[12]
Clasificación da carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- Referencias
- ↑ "F1 Calendar 2023". F1 Calendar. Consultado o 7 de xullo de 2023.
- ↑ "Tyre news and nominations for Hungary and Belgium". Pirelli.com. 8 de xuño de 2023. Consultado o 9 de xullo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Hungarian Grand Prix 2023 – F1 Race". Formula1.com. Consultado o 7 de xullo de 2023.
- ↑ Bradley, Charles (22 de xullo de 2023). "F1 qualifying results: Lewis Hamilton takes Hungarian GP pole". Motorsport.com.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (22 de xullo de 2023). "F1 Hungarian GP: Hamilton snatches pole from Verstappen by 0.003s". Motorsport.com.
- ↑ "Formula 1 Qatar Airways Hungarian Grand Prix 2023 – Qualifying". Formula 1. 22 de xullo de 2023. Consultado o 22 de xullo de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 "Formula 1 Qatar Airways Hungarian Grand Prix 2023 – Starting Grid". Formula 1. 22 de xullo de 2023. Consultado o 22 de xullo de 2023.
- ↑ @. (Chío) https://twitter.com/ – vía Twitter. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ Kelly, Sean (23 de xullo de 2023). "Facts and stats: Red Bull records aplenty as champions take 250th podium". Formula 1. Consultado o 23 de xullo de 2023.
- ↑ Bradley, Charles (22 de xullo de 2023). "F1 race results: Max Verstappen wins Hungarian Grand Prix". Autosport.com.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (23 de xullo de 2023). "F1 British GP: Verstappen streaks to win as Red Bull claims 12th successive win". Autosport.com.
- ↑ Noble, Jonathan (24 de xullo de 2023). "Norris blames Verstappen over $45,000 F1 winner's trophy breakage". Motorsport.com.
Norris smiled when he reckoned it was Verstappen’s fault for having left the trophy in a bad place. "Max just placed it too close to the edge," said Norris. "It fell over, I guess. Not my problem. It’s his!"
- ↑ Inclúe un punto pola a volta rápida
- ↑ Charles Leclerc terminou sexto, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes.
- ↑ Logan Sargeant clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira
- ↑ "Formula 1 Qatar Airways Hungarian Grand Prix 2023 – Race Result". Formula 1. 23 de xullo de 2023. Consultado o 23 de xullo de 2023.
- ↑ "Formula 1 Qatar Airways Hungarian Grand Prix 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 23 de xullo de 2023. Consultado o 23 de xullo de 2023.
- ↑ 18,0 18,1 "Hungary 2023 – Championship". Stats F1. 23 de xullo de 2023. Consultado o 23 de xullo de 2023.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Hungría de 2023 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2023 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2023 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 2023 |
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 2022 |
Gran Premio de Hungría | Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 2024 |