Galactosidase
Unha galactosidase é un encima do grupo das glicósido hidrolases que cataliza a hidrólise do enlace que une os restos O-galactosil (enlace glicosídico coa galactosa) a outras moléculas liberando monosacáridos.
Tipos
editarAs galactosidases clasifícanse en dous grupos segundo o tipo de enlace (alfa ou beta) sobre o que actúen. Aos dous grupos asígnaselle o mesmo número da Comisión de Encimas: EC 3.2.1.. Poden ser:
- Alfa-galactosidases. Actúan sobre enlaces glicosídicos alfa. Hidrolizan restos alfa-galactosil terminais de glicolípidos e glicoproteínas. Unha deficiencia neste encima causa a enfermidade de Fabri e a esfingolipidose[1].
- Beta-galactosidases.[2] Actúan sobre beta-galactósidos (con enlaces glicosídicos beta terminais), como gangliósidos, lactosilceramidas, lactosa e glicoproteínas. As deficiencias neste encima producen galactosialidoses.
Notas
editar- ↑ Calhoun DH, Bishop DF, Bernstein HS, Quinn M, Hantzopoulos P, Desnick RJ (November 1985). "Fabry disease: isolation of a cDNA clone encoding human alpha-galactosidase A". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 82 (21): 7364–8. doi:10.1073/pnas.82.21.7364. PMC 391345. PMID 2997789.
- ↑ BRENDA beta-galactosidase
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Galactosidases Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.