O Grupo dos Oito , máis coñecido como G8 ou G-8 , agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.
Manifestación de grupos antiglobalización en Edimburgo pola celebración do 31º Cumio do G8.
O G8 ten a súa orixe na crise do petróleo de 1973 e na posterior recesión mundial, cando a petición do secretario do tesouro nortemaricano, George Shultz , reuníronse os ministros de facenda dos cinco países máis industrializados, aínda que non se formou oficialmente ata 1975 na xuntanza de Rambouillet cando o presidente francés Valéry Giscard d'Estaing convidou a participar nun cumio aos seis países máis industrializados: Francia , Alemaña , Italia , o Xapón , o Reino Unido e os Estados Unidos (G6). En 1976 , uníuselles o Canadá (G7) e en 1998 , Rusia .
Os representantes destes oitos países xúntanse anualmente para analizar o estado da política e a economía internacionais e coordinar as súas políticas económicas.
O cumio anual de líderes do G8 reúne aos xefes de estado ou goberno das oito potencias industrializadas máis importantes. É un evento político internacional de primeira magnitude que ten gran repercusión nos medios de comunicación. O país membro que ostenta a presidencia rotatoria anual é o encargado de organizar o cumio nalgún lugar do seu estado.
Data
Estado anfitrión
Mandatario anfitrión
Sede do cumio
Información
1ª
15 – 17 de novembro (1975 )
Francia
Valéry Giscard d'Estaing
Rambouillet
2ª
27 – 28 de xuño (1976 )
Estados Unidos
Gerald R. Ford
San Xoán
3ª
7 – 8 de maio (1977 )
Reino Unido
James Callaghan
Londres
4ª
16 – 17 de xullo (1978 )
Alemaña
Helmut Schmidt
Bonn
5ª
28 – 29 de xuño (1979 )
Xapón
Masayoshi Ohira
Toquio
6ª
22 – 23 de xuño (1980 )
Italia
Francesco Cossiga
Venecia
7ª
20 – 21 de xullo (1981 )
Canadá
Pierre Elliott Trudeau
Montebello , Quebec
8ª
4 – 6 de xuño (1982 )
Francia
François Mitterrand
Versalles
9ª
28 – 30 de maio (1983 )
Estados Unidos
Ronald Reagan
Williamsburg , Virxinia
10ª
7 – 9 de xuño (1984 )
Reino Unido
Margaret Thatcher
Londres
11ª
2 – 4 de maio (1985 )
Alemaña
Helmut Kohl
Bonn
12ª
4 – 6 de maio (1986 )
Xapón
Yasuhiro Nakasone
Toquio
13ª
8 – 10 de xuño (1987 )
Italia
Amintore Fanfani
Venecia
14ª
19 – 21 de xuño (1988 )
Canadá
Brian Mulroney
Toronto
15ª
14 – 16 de xullo (1989 )
Francia
François Mitterrand
Grande Arche , París
16ª
9 – 11 de xullo (1990 )
Estados Unidos
George H. W. Bush
Houston , Texas
17ª
15 de xullo – 17 de xullo (1991 )
Reino Unido
John Major
Londres
18ª
6 – 8 de xullo (1992 )
Alemaña
Helmut Kohl
Múnic
19ª
7 – 9 de xullo (1993 )
Xapón
Kiichi Miyazawa
Toquio
20ª
8 – 10 de xullo (1994 )
Italia
Silvio Berlusconi
Nápoles
21ª
15 – 17 de xuño (1995 )
Canadá
Jean Chrétien
Halifax , Nova Escocia
-
19 – 20 de abril (1996 ) (Cumio especial sobre seguridade nuclear)
Rusia
Boris Eltsin
Moscova
22ª
27 – 29 de xuño (1996 )
Francia
Jacques Chirac
Lión
23ª
20 – 22 de xuño (1997 )
Estados Unidos
Bill Clinton
Denver , Colorado
[1]
24ª
15 – 17 de maio (1998 ) (Primeiro cumio como G8)
Reino Unido
Tony Blair
Birmingham
[2] (arquivo)
25ª
18 – 20 de xuño (1999 )
Alemaña
Gerhard Schröder
Colonia
26ª
21 – 23 de xullo (2000 )
Xapón
Yoshiro Mori
Okinawa
[3]
27ª
20 – 22 de xullo (2001 )
Italia
Silvio Berlusconi
Xénova
[4]
28ª
26 – 27 de xuño (2002 )
Canadá
Jean Chrétien
Kananaskis , Alberta
[5]
29ª
2 – 3 de xuño (2003 )
Francia
Jacques Chirac
Évian-les-Bains
[6]
30ª
8 – 10 de xuño (2004 )
Estados Unidos
George W. Bush
Sea Island , Xeorxia
[7]
31ª
6 – 8 de xullo (2005 )
Reino Unido
Tony Blair
Gleneagles , Escocia
[8]
32ª
15 – 17 de xullo (2006 )
Rusia
Vladimir Putin
Strelna , San Petersburgo
[9] Arquivado 21 de abril de 2015 en Wayback Machine .
33ª
6 – 8 de xuño (2007 )
Alemaña
Angela Merkel
Heiligendamm , Mecklenburgo
[10]
34ª
7 – 9 de xullo (2008 )
Xapón
Yasuo Fukuda
Tōyako , Hokkaidō
[11]
35ª
8 – 10 de xullo (2009 )
Italia
Silvio Berlusconi
L'Aquila
[12]
36ª
25 – 26 de xuño (2010 )
Canadá
Stephen Harper
Muskoka , Ontario
37ª
25 – 26 de maio (2011 )
Francia
Nicolas Sarkozy
Deauville
38ª
18 – 19 de maio (2012 )
Estados Unidos
Barack Obama
Camp David
39ª
17 – 18 de xuño (2013 )
Reino Unido
David Cameron
Enniskillen , Irlanda do Norte
40ª
2014
Rusia
Vladimir Putin
Sochi
Suspendida por mor da anexión de Crimea por Rusia