Festival de Eurovisión 2014
O LIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar os días 6, 8 e 10 de maio de 2014 no B&W Hallerne, na cidade de Copenhaguen, Dinamarca trala vitoria deste país na edición do 2013 coa canción "Only teardrops" de Emmelie de Forest. O festival celebrouse no B&W Hallerne, un vello estaleiro que foi reconvertido en sala de concertos, situado na illa de Refshaleøen.
Festival de Eurovisión 2014 Join Us | |
---|---|
Datas | |
Final | 6, 8 e 10 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | B&W Hallerne Copenhague, Dinamarca |
Presentador(es) | Lise Rønne Nikolaj Koppel Pilou Asbæk[1] |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Semifinal 1: Emmelie de Forest xunto a un coro de nenos cantando Only Teardrops tema ganador da edición de 2013 Semifinal 2: |
Participantes | |
Participantes | 37 |
Países que retornan | Polonia[8] Portugal[9] |
Países que se retiran | Bulgaria[10] Chipre[11] Croacia[12] Serbia |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | Rise like a Phoenix, Conchita Wurst Austria |
Festival de Eurovisión | |
◄2013 2015► |
37 países participaron no evento como representantes de cadeas de televisión nacionais pertencentes a Unión Europea de Radiodifusión. Bulgaria, Chipre, Croacia e Serbia anunciaron a súa retirada temporal a partir desta edición. Ademais, a Polonia e Portugal volveron á competición tras un hiato. O lema do festival foi "Join Us" (Únete a nós en galego). Finalmente alzouse coa vitoria a canción Rise like a phoenix da austríaca Conchita Wurst.
Un acontecemento importante desta edición foi a asistencia da familia real dinamarquesa durante as semifinais e a final do sábado, asistindo en calidade de invitados. Entre os asistentes estiveron o príncipe herdeiro á coroa Federico de Dinamarca e a princesa María, ambos en compañía dos seus fillos.[13][14][15]
Organización
editarSede do festival
editarSegundo confirmou a televisión danesa DR o 20 de maio de 2013, dous días despois de gañar o festival, as cidades de Copenhaguen, Herning e Aarhus xa presentaran inicialmente a súa candidatura para ser sede do evento. Pero esta última decidiu retirala para dar o seu apoio oficial a Herning. O 22 de maio as cidades de Aalborg e Fredericia tamén anunciaron o seu interese por albergar o festival, a ambas as dúas uniuse Horsens ao día seguinte.
Finalmente, o 2 de setembro de 2013, a emisora DR anunciou oficialmente que Copenhaguen sería a cidade sede do festival, sendo B&W Hallerne na illa de Refshaleøen o recinto onde se celebrarán as tres galas, polo que se levarán a cabo diversas reformas no antigo complexo industrial para o seu acondicionamiento. En palabras de Pernille Gaardbo, produtora executiva do Festival, toda a illa transformarase na denominada "Illa de Eurovisión", onde delegacións, prensa e fans poderán estar xuntos. Cabe destacar que Copenhaguen celebrou o Festival de Eurovisión con anterioridade en dúas ocasións: en 1964 e en 2001. Ademais, foi sede do especial 50 aniversario do Festival no ano 2005
Países participantes
editarO día 9 de xaneiro saíu a primeira lista oficial de participantes, no que Eslovenia deixaba no aire a súa participación. O día 17 de xaneiro confírmase a participación de Eslovenia, pechando así a lista de participantes do 2014.
En xullo de 2013, a canle pública de Luxemburgo, a RTL, confirma que non regresará ao festival polo escaso presuposto que ten este. Posteriormente, en setembro de 2013, Eslovaquia anuncia a través do seu twitter oficial que, por segundo ano consecutivo ausentaríanse no festival. Do mesmo modo, a RTVA de Andorra anunciou que non regresaría ao festival debido a razóns económicas. Mentres, a 1 FLTV de Liechtenstein informou que non tiña plans de debutar en Eurovisión debido a que aínda non son membros activos da UER. Días despois, Marrocos anunciou que de momento non teñen intención de volver ao festival, pero non descartan a idea de volver algún día. Posteriormente, a canle TMC de Mónaco confirmou que este ano tampouco tiñan intención de volver ao festival. Da mesma maneira a emisora ČT da República Checa descartou a posibilidade de retornar a esta edición.
O 14 de setembro de 2013, o director xeral da emisora TRT de Turquía, Ibrahim Sahin, anunciou que o seu país non pretende regresar ao festival mentres non se realicen cambios ao actual sistema de votación, tal como a eliminación dos xurados nacionais e do Big 5, polo que ata que iso non aconteza descarta un posible retorno. O 19 de setembro de 2013, a televisión HRT de Croacia anunciou a súa retirada do festival tras 21 aparicións ininterrompidas. Semanas despois a televisión CyBC de Chipre anunciou a súa retirada do certame debido aos recortes de presuposto que sufriu a canle pola crise financeira do país. De igual maneira, durante varias semanas a emisora RTS de Serbia levou a cabo diferentes reunións a fin de encontrar patrocinadores que fagan viable su participación, non obstante, non logrou concretarse polo que tiveron que anunciar o seu retiro. Situación parecida aconteceu con Bulgaria e Bosnia e Hercegovina, que se ben nun primeiro momento confirmaron como probable a súa asistencia tiveron que desistir argumentando os altos custos da cota de participación e os recortes financeiros á cadea BNT e BHRT respectivamente.
Cancións e seleccións
editarArtistas que regresan
editar- Valentina Monetta - 2012, 2013, 2014
- Paula Seling & Ovi - 2010
Sorteo de Semifinais
editarO 24 de novembro de 2013, os organizadores do festival decidiron que Suecia e Noruega participasen en semifinais diferentes, para así poder asegurar unha dispoñibilidade de entradas para os países veciños. Un sorteo realizado nas oficinas da UER en Xenebra, Suíza determinou que Suecia actuase na primeira semifinal e Noruega o fixese na segunda semifinal. Posteriormente, decidiuse que Israel participase na segunda semifinal pola coincidencia da primeira cunha festividade relixiosa. Ao resto de países asignaráselles a súa semifinal nun sorteo que se celebrou o 20 de xaneiro de 2014. Neste determinarase tamén a aparición do país, é dicir, se actúan na primeira ou segunda metade das súas respectivas semifinais. Para iso os seis bombos e as semifinais quedaron dispostos do seguinte xeito:
Bombo 0 | Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
---|---|---|---|---|---|---|
* Suecia * Noruega * Israel |
* Albania * Eslovenia * Macedonia do Norte * Montenegro * Suíza |
* Estonia * Finlandia * Islandia * Letonia * Lituania |
* Azerbaidján * Belarús * Xeorxia * Rusia * Ucraína |
* Armenia * Bélxica * Grecia * Irlanda * Países Baixos |
* Austria * Hungría * Polonia * San Marino |
* Malta * Moldova * Portugal * Romanía |
1.ª semifinal 6 de maio de 2014 |
2.ª semifinal 8 de maio de 2014 | ||
---|---|---|---|
Suecia Albania Islandia Rusia Letonia Azerbaidján Armenia Estonia |
Bélxica Hungría Moldova Montenegro San Marino Portugal Ucraína Países Baixos |
Noruega Israel Xeorxia Austria Lituania Polonia Malta Macedonia do Norte |
Finlandia Irlanda Romanía Eslovenia Belarús Grecia Suíza |
Con dereito a voto: España Francia Dinamarca |
Con dereito a voto: Alemaña Italia Reino Unido |
Festival
editarCambio de regras para o xurado
editarO 20 de setembro de 2013 a UER fixo pública unha nova normativa en vigor a partir desta edición, a cal foi aprobada por unanimidade por todos os seus membros como polo Grupo de Referencia do Festival. Segundo o novo ordenamento, os nomes de todos os membros que compoñerán cada xurado nacional daranse a coñecer o 1 de maio, antes do Festival. Así mesmo, a UER publicará a clasificación e votación final presentada por cada membro individual dos xurados nacionais unha vez remate a gran final. Deste xeito, coñeceranse tanto os resultados analizados da votación do xurado, coma os do televoto en cada país. Por outro lado, os profesionais da industria musical que vaian formar parte do xurado, só poderán formar parte deste sempre e cando non fosen xa membros integrantes durante unha das dúas edicións anteriores á presente. Estes cambios, introducidos tras distintas acusacións de manipulacións na votación na edición de 2013, implantáronse, en palabras de Jon Ola Sand, Supervisor Executivo do Concurso, "co fin que os países participantes estean seguros da transparencia do certame e para que os espectadores e os afeccionados saiban que se fará todo o posible para asegurar un resultado xusto, estes cambios mostran que o Festival de Eurovisión é unha tradición en constante evolución, que continúa adaptándose ao espírito dos tempos que corren.
Semifinais
editarA primeira semifinal realizarase o 6 de maio de 2014 e a segunda o 8 de maio de 2014. Os dez clasificados de ambas as dúas semifinais uniranse na Final ao país anfitrión (Dinamarca) e ao Big 5 (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido)
Semifinal 1
editarNº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Armenia | Aram Mp3 | Not Alone | 4 | 121 |
02 | Letonia | Aarzemnieki | Cake to Bake | 13 | 33 |
03 | Estonia | Tanja | Amazing | 12 | 36 |
04 | Suecia | Sanna Nielsen | Undo | 2 | 131 |
05 | Islandia | Pollapönk | No Prejudices | 8 | 61 |
06 | Albania | Herciana Matmuja | One Night’s Anger | 15 | 22 |
07 | Rusia | Tolmachevy Twins | Shine | 6 | 63 |
08 | Acerbaixán | Dilara Kazimova | Start a Fire! | 9 | 57 |
09 | Ucraína | Maria Yaremchuk | Tick-Tock | 5 | 118 |
10 | Bélxica | Axel Hirsoux | Mother | 14 | 28 |
11 | Moldova | Cristina Scarlat | Wild Soul | 16 | 13 |
12 | San Marino | Valentina Monetta | Maybe | 10 | 40 |
13 | Portugal | Suzy | Quero Ser Tua | 11 | 39 |
14 | Países Baixos | The Common Linnets | Calm After the Storm | 1 | 150 |
15 | Montenegro | Sergej Ćetković | Moj svijet | 7 | 63 |
16 | Hungría | Kállay-Saunders | Running | 3 | 127 |
Semifinal 2
editarNº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Malta | Firelight | Coming Home | 9 | 63 |
02 | Israel | Mei Finegold | Same Heart | 14 | 19 |
03 | Noruega | Carl Espen | Silent Storm | 6 | 77 |
04 | Xeorxia | Mariko Ebralidze & The Shin | Three Minutes to Earth | 15 | 15 |
05 | Polonia | Donatan & Cleo | My, słowianie | 8 | 70 |
06 | Austria | Conchita Wurst | Rise Like a Phoenix | 1 | 169 |
07 | Lituania | Vilija Matačiūnaitė | Attention | 11 | 36 |
08 | Finlandia | Softengine | Something Better | 3 | 97 |
09 | Irlanda | Can-Linn feat. Kasey Smith | Heartbeat | 12 | 35 |
10 | Belarús | TEO | Cheesecake | 5 | 87 |
11 | A.R.I. Macedonia | Tijana Dapčević | To the Sky | 13 | 33 |
12 | Suíza | Sebalter | Hunter of Stars | 4 | 92 |
13 | Grecia | Freaky Fortune & Riskykidd | Rise Up | 7 | 74 |
14 | Eslovenia | Tinkara Kovač | Spet (Round & Round) | 10 | 52 |
15 | Romanía | Paula Seling & Ovi | Miracle | 2 | 152 |
Final
editarNº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Ucraína | Maria Yaremchuk | Tick-Tock | 6 | 113 |
02 | Belarús | TEO | Cheesecake | 16 | 43 |
03 | Acerbaixán | Dilara Kazimova | Start a Fire! | 22 | 33 |
04 | Islandia | Pollapönk | No Prejudices | 15 | 58 |
05 | Noruega | Carl Espen | Silent Storm | 8 | 88 |
06 | Romanía | Paula Seling & Ovi | Miracle | 12 | 72 |
07 | Armenia | Aram Mp3 | Not Alone | 4 | 174 |
08 | Montenegro | Sergej Ćetković | Moj svijet | 19 | 37 |
09 | Polonia | Donatan & Cleo | My, słowianie | 14 | 62 |
10 | Grecia | Freaky Fortune & Riskykidd | Rise Up | 20 | 35 |
11 | Austria | Conchita Wurst | Rise Like a Phoenix | 1 | 290 |
12 | Alemaña | Elaiza | Is It Right | 18 | 39 |
13 | Suecia | Sanna Nielsen | Undo | 3 | 218 |
14 | Francia | Twin Twin | Moustache | 26 | 2 |
15 | Rusia | Tolmachevy Twins | Shine | 7 | 89 |
16 | Italia | Emma Marrone | La mia città | 21 | 33 |
17 | Eslovenia | Tinkara Kovač | Spet (Round & Round) | 25 | 9 |
18 | Finlandia | Softengine | Something Better | 11 | 72 |
19 | España | Ruth Lorenzo | Dancing in the Rain | 10 | 74 |
20 | Suíza | Sebalter | Hunter of Stars | 13 | 64 |
21 | Hungría | András Kállay-Saunders | Running | 5 | 143 |
22 | Malta | Firelight | Coming Home | 23 | 32 |
23 | Dinamarca | Basim | Cliché Love Song | 9 | 74 |
24 | Países Baixos | The Common Linnets | Calm After the Storm | 2 | 238 |
25 | San Marino | Valentina Monetta | Maybe (Forse) | 24 | 14 |
26 | Reino Unido | Molly | Children of the Universe | 17 | 40 |
Comentaristas
editar- Australia - Julia Zemiro e Sam Pang (SBS)
- Bélxica - Jean-Louis Lahaye (TV francesa, La Une)
- Francia - Natasha Saint-Pier e Cyril Feraud (France 3)
- Países Baixos - Cornald Mass e Jan Smit
Notas
editar- ↑ "Eurovision 2014: 3 hosts for Copenhagen!".
- ↑ Eurovision.tv, ed. (24-03-14). "Australia to take part in Eurovision!".
- ↑ Eurovision-Spain.com, ed. (25-03-2014). "Jessica Mauboy representará a Australia en su participación simbólica en la 2ª semifinal".
- ↑ "Australia at Eurovision: Jessica Mauboy to sing "Never Be the Same"".
- ↑ "Los 26 finalistas de Eurovisión 2014 cantarán #JoinUs con Emmelie de Forest".
- ↑ Junior Eurovision Oficial Twitter (ed.). "The winner of the JESC 2013 will take part in ESC 2014" (en inglés). Consultado o 27-10-13.
- ↑ Junior Eurovision Oficial Twitter (ed.). "JESC: Malta scores their very first victory!" (en inglés). Consultado o 01-12-13.
- ↑ 8,0 8,1 "Eurovision 2014: TVP will participate in Copenhagen".
- ↑ "Portugal: RTP confirm 2014 comeback". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ "Участници 2014". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17-10-13.
- ↑ Jiandani, Sanjay (3 de octubre de 2013). "Eurovision 2014: Cyprus will not participate in Copenhagen". ESCtoday.com.
- ↑ Esctoday.com (ed.). "Croatia: HRT will not participate in Eurovision 2014" (en inglés). Consultado o 19-09-13.
- ↑ "Princess Mary, Crown Princess of Denmark, and two of her children arriving at the arena! #Eurovision JoinUs".
- ↑ "Prince Frederik and Princess Mary will attend the 2014 Eurovision Song Contest".
- ↑ "Princess Mary to attend Eurovision". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ "Azerbaijan: Ictimai will ‘join us’ in Copenhagen". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Azerbaijan: Boyuk Sehne final on 2 March".
- ↑ "Albania: RTSH confirma participación en Eurovisión 2014".
- ↑ "Albania: Festivali i Këngës 2013 dates announced".
- ↑ "Derzeit ist für 2014 nur eine ESC-Vorentscheid-Show geplant" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Alemania: NDR confirma participación en Eurovisión 2014".
- ↑ "Eurovision 2014: Armenia confirms participation in Copenhagen" (en alemán).
- ↑ "Aram Mp3 to represent Armenia in Copenhagen". Eurovision.tv. 31-12-2013.
- ↑ "Armenian representative announced on December 31st". Eurovision.tv. 24-12-2013.
- ↑ "Austria: ORF Looking At An Internal Selection".
- ↑ "Austria: ORF looking internal for 2014?". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Austria: ORF selects Conchita Wurst for Eurovision 2014" (en inglés).
- ↑ "Conchita Wurst presentará la canción austríaca el 7 de marzo".
- ↑ 29,0 29,1 "Belgium: National final planned for 2014". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ Bélgica elegirá a su representante el 16 de marzo tras siete galas de Eurosong 2014 http://eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=8996&idioma=
- ↑ "Eurovision 2014: Belarus confirms participation".
- ↑ "TEO y su Cheesecake representarán a Belarús en Copenhague".
- ↑ "Belarus: National final in January-Song Submission kicks off".
- ↑ "Denmark wins Eurovision 2013". Deutsche Welle. 18 de mayo de 2013. Consultado o 18 de maio de 2013.
- ↑ http://eurovoix.com/2014/03/08/denmark-basim-has-won/
- ↑ "Denmark: Odense to play host to Danish final on 8th March". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Eurovision 2014: Slovenia: RTVSLO confirms participation in Copenhagen" (en inglés). Esctoday. 17-01-2014.
- ↑ http://eurovoix.com/2014/03/08/slovenia-tinkara-kovac-is-off-to-eurovision/
- ↑ "Eslovenia escogerá candidatura el 8 de marzo retomando su tradicional EMA".
- ↑ Mahia, Irene (18 de noviembre de 2013). RTVE, ed. "TVE confirma la participación de España en el Festival de Eurovisión 2014" (en español). Consultado o 18 de novembro de 2013.
- ↑ http://www.esctoday.com/68529/eurovision-2014-spain-confirms-participation-copenhagen/
- ↑ "Cinco grandes voces lucharán por representar a España en Eurovisión 2014" (en español). RTVE.es. 20-01-2013.
- ↑ "Estonia “set to return” for Eurovision 2014". EscDaily.
- ↑ http://eurovoix.com/2014/03/01/estonia-is-off-to-copenhagen/
- ↑ "Estonia: Eesti Laul on March 1st". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Finland: UMK Submissions Are Open" (en inglés).
- ↑ "Softengine conquista el UMK y representará con Something better a Finlandia en Copenhague".
- ↑ "Finland: National final on February 1st - UMK 2014 dates released" (en inglés).
- ↑ "Frankrijk, dat maar niet kan begrijpen dat hun inzending zo kon floppen, zal het in 2014 ook nog eens een keertje proberen." (en neerlandés).
- ↑ "Eurovision 2014: France confirms participation in Copenhagen".
- ↑ http://eurovoix.com/2014/03/02/france-twin-twin-have-been-chosen/
- ↑ "Francia celebrará su final el 26 de enero y anunciará su representante el 2 de marzo" (en español).
- ↑ "W ciągu paru ostatnich godzin dowiedzieliśmy się, że Grecja" (en polaco).
- ↑ "ΕΛΛΑΔΑ: Επίσημα στην Κοπεγχάγη!" (en griego).
- ↑ http://eurovoix.com/2014/03/11/greece-freaky-fortune-feat-riskykidd-are-off-to-copenhagen/
- ↑ Organizado en conxunto con MAD TV e NERIT http://www.esctoday.com/42185/greek-eurovision-hopefuls-announced-tomorrow/
- ↑ "Magyarország jövő héttől keresi a Dalt, december 1-ig" (en húngaro). 26-09-2013. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2013. Consultado o 06-02-2014.
- ↑ "HUNGRÍA CELEBRARÁ SU FINAL NACIONAL EL 22 DE FEBRERO" (en español). 03-12-2013. Arquivado dende o orixinal o 21-04-2015. Consultado o 06-02-2014.
- ↑ "Ireland: RTE confirms participation in Eurovision 2014".
- ↑ "Ireland reveal their five mentors for 2014".
- ↑ "Iceland: RUV confirms participation in Eurovision 2014".
- ↑ "Iceland: National Final on 15th February". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "גורם ברשות השידור: "חבל ששלחנו בלדה לאירוויזיון"" (en hebreo).
- ↑ "Mei Finegold representará a Israel en Eurovisión 2014".
- ↑ "Mei Finegold ya tiene las tres canciones finalistas para defender a Israel".
- ↑ "Israel: IBA opts for internal artist selection for 2014".
- ↑ "Italy: RAI confirms 2014 participation". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Italy: Emma Marrone To Sing “La mia città”".
- ↑ "Emma Marrone deja caer que será la voz de Italia en Copenhague".
- ↑ "Latvia: LTV confirms participation - provisional dates released" (en inglés).
- ↑ "Latvia: LTV changes Dziesma 2014 dates" (en inglés).
- ↑ "Eurovision 2014: Lithuania confirms participation" (en inglés). ESCToday.com. 2-10-2013.
- ↑ "Lithuania: Selection with 9 shows - Grand final 8 February".
- ↑ "Дознајте кого ќе пратиме на „Евровизија 2014“" (en macedonio). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "ARY de Macedonia: Tijana Dapčević a cantar 'Pobeda'". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Тијана ја претставува Македонија на Евросонг 2014!". MMM.com.mk. 28 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Macedonia: Song Revealed Pushed Back To February 22nd".
- ↑ "Malta: Eurovision 2014 Participation Confirmed" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Malta: national selection dates + more info revealed".
- ↑ "Eurovision 2014: Moldova confirms participation in Copenhagen".
- ↑ "Eurovision Song Contest 2014". 26-12-13.
- ↑ "Montenegro confirma que estará en Copenhague" (en montenegrino). Vijesti. 25-09-2013.
- ↑ "Montenegro: Sergej Cetkovic to Copenhagen". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Montenegro: RTCG press conference and artist annoucement".
- ↑ "Ingen MGP-delfinaler neste år" (en noruego).
- ↑ "Norway: NRK reveals MGP new format and dates".
- ↑ "Netherlands: AvroTros confirms 2014 participation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Países Bajos anunciará su representante el 25 de noviembre".
- ↑ "POLAND : TVP’s President Confirms Internal Selection for Eurovision 2014".
- ↑ "Portugal retoma su histórico Festival da canção para elegir candidatura".
- ↑ "Eurovision 2014: United Kingdom confirms participation".
- ↑ "Romania: TVR confirms participation in Copenhagen".
- ↑ "Romania: National Final March 1st".
- ↑ "Russia: National final on December 31st" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Russia: National final date change".
- ↑ "ESC 2014, San Marino: “Disposti a riconfermare la Monetta”" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ 97,0 97,1 "Firma pre-accordo Eurofestival 2014 per Valentina Monetta" (en italiano).
- ↑ "Valentina Monetta presenta su canción para el triplete por San Marino el 14 de marzo".
- ↑ "ESC 2014, Suecia: “Om Svensktoppen nästa 2013”" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ http://eurovoix.com/2014/03/08/sweden-its-sanna-to-copenhagen/
- ↑ "Sweden: Dates and cities announced for Melodifestivalen 2014" (en inglés).
- ↑ "Switzerland: SRF confirms participation in 2014" (en inglés). 13-07-13. Consultado o 13-07-13.
- ↑ "Sebalter gana el pasaporte a Copenhague por Suiza con Hunter of stars".
- ↑ "Switzerland: Swiss national final on February 1st" (en inglés). 13-07-13. Consultado o 13-07-13.
- ↑ "Nutze die Chance und vertrete unser Land am ESC 2014 in Dänemark!" (en alemán). 13-07-13. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 13-07-13.
- ↑ 106,0 106,1 "Ukraine: Ukraine final set for 21st December" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Maria Yaremchuk con Tick-Tock representará a Ucrania en Copenhague". Eurovision-spain.com. 21-12-2013.
- ↑ "Georgia: GPB confirm participation in 2014" (en inglés).
- ↑ "Georgia: Mariko Ebralidze and The Shin to Copenhangen!".
- ↑ "Georgia: Artists presented tomorrow". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014.
- ↑ "Georgia: GPB opts for an internal selection".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Eurovisión 2014 |
Outros artigos
editarPredecesor: Malmö 2012 |
Festival de Eurovisión 2014 |
Sucesor: Viena 2015 |