Fariña de peixe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A fariña de peixe é un produto obtido do procesamento de peixe, eliminando o seu contido de auga e aceite. O aceite de pescado é un importante produto secundario.
Cun 70 % ao 80 % do produto en forma de proteínas e graxas dixeríbeis, o seu contido de enerxía é notabelmente maior que moitas outras fontes de proteínas animais ou vexetais, xa que subministra unha fonte concentrada de proteínas de alta calidade e unhas graxas ricas en ácidos graxos omega-3, DHA e EPA, indispensábeis para o rápido crecemento dos animais.
Uso
editarUtilízase como ingrediente de alimentos para aves (poñedoras e de carne), porcos, ruminantes (gando vacún, ovino e caprino), e animais acuáticos (camaróns, peixes e outros), diminuíndo notabelmente os custos de produción industrial destes animais polo seu rápido crecemento, a súa mellor nutrición, a mellora da fertilidade e a notoria diminución de posíbeis enfermidades.
Requirimentos
editarDe acordo con estudos realizados pola International Fishmeal and Fish Oil Organisation (IFFO), estimábase que para o ano 2013 os requirimentos de fariña de peixe elevaríanse a catro millóns de toneladas métricas, debido á variedade de aplicacións deste produto industrial.
O seu uso pode estar limitado pola dispoñibilidade ou o custo.
Principais mercados
editarOs principais mercados de consumo son a República Popular Chinesa e a Unión Europea, aínda que as exportacións se realizan a máis de cincuenta países polos dous produtores mundiais máis importantes, achegando estes o setenta por cento da oferta de fariña de peixe a nivel global. Na China utilízase a fariña de peixe sobre todo para a acuicultura.
No ano 2003, Chile e o Perú presentaron conxuntamente a súa protesta ante a Organización Mundial do Comercio (OMC), polas restricións á importación que, con fins proteccionistas, pretendía implantar a Unión Europea.
Riscos
editarA fariña de peixe pode presentar combustión espontánea, polo tanto débense ter as precaucións necesarias para previr este fenómeno cando se almacene ou transporte. Ditas precaucións esténdense, pero non están limitadas, a ventilación, distribución física e control de cambios de temperatura.