Físico, física

científico que se dedica ao estudo das ciencias físicas
(Redirección desde «Físico»)

Físico é o nome común que se lles dá aos científicos e profesionais que se dedican á área das ciencias físicas ou a actividades económicas relacionadas coa aplicación das mesmas.

Galileo Galilei considerado como un dos pais da física moderna

Historicamente, podería considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do físico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestións acerca do mundo material mediante o método científico. A cuestión que abordou Galileo foi a "caída dos graves" (caída libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuación correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caída libre en función do tempo.

Aristóteles escribiu o primeiro tratado chamado "Física" que se baseaba na observación e a abstracción, pero non tomaba en conta a experimentación, polo cal, non se lle pode considerar como un físico no sentido moderno do termo.

O termo "físico" foi acuñado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences.[1]

Caracteristícas da Física como profesión

editar

Saídas laborais

editar

A física é unha ciencia que só é desenvolvida por aquelas persoas que se dedican á investigación. Con todo, a física ten unha gran cantidade de aplicacións técnicas no mundo real, o cal converte os licenciados ou graduados en física nuns dos profesionais con menor taxa de paro.[2]

Debido á súa profunda formación en todas as ramas da física (mecánica, termodinámica, óptica, electromagnetismo, física do estado sólido, física cuántica, electrodinámica) e tamén en matemáticas (álxebra, análise matemática real e complexa, estatística,...), os físicos xeralmente teñen boas capacidades de análise e resolución de problemas técnicos. Por iso, non é de estrañar que os físicos hoxe en día se dediquen a:

Profesión de minorías

editar

Tanto nos países en vías de desenvolvemento como nos do primeiro mundo, a proporción de físicos respecto do resto da poboación é pequena. É menor que a proporción de médicos e moito menor que a dos avogados.[3]

Profesión de persoas con amplos estudos

editar

O grao mínimo de estudos para dedicarse á investigación en física é a licenciatura en física ou algunha área afín, como enxeñaría, matemáticas ou química. Nos países do primeiro mundo a maioría dos físicos que traballan en universidades ou centros de investigación teñen un doutoramento.

En moitos países, un gran número de físicos con licenciatura dedícanse principalmente á docencia en bacharelato ou secundaria e a labores de computación. Os físicos con doutoramento dedícanse a desenvolver investigación en centros e laboratorios estatais ou privados, e a docencia nas universidades.[3]

Profesión de baixo risco

editar

A expectativa de vida dos físicos respecto doutras profesións é alta. Malia isto, o índice de suicidios entre os físicos é un pouco maior que entre o resto da poboación, pero menor que entre os artistas.[4]

Honores e premios

editar

O honor máis alto outorgado hoxe en día aos físicos é o Premio Nobel de Física, premio outorgado desde 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia.

  1. Whewell, William. John W Parker J&J Deighton, ed. The Philosophy of the Inductive Sciences. Part 1. Cambridge. p. cxiii. 
  2. Páxina do grao en Física da Universidade de Granada (UGR): Grado en Física
  3. 3,0 3,1 "Física en contexto. Una visión unificada de sus conceptos y resultados". José Leonel Torres. México. Ed. Trillas. 2003. p. 267 §4.
  4. "Física en contexto. Una visión unificada de sus conceptos y resultados". José Leonel Torres. México. Ed. Trillas. 2003. p. 269 §2.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.