Emil Kraepelin

psiquiatra alemán

Emil Kraepelin, nado o 15 de febreiro de 1856 en Neustrelitz e finado o 7 de outubro de 1926 en Múnic, foi un psiquiatra alemán. Está considerado como o fundador da psiquiatría científica moderna, a psicofarmacoloxía e a xenética psiquiátrica.[1]

Modelo:BiografíaEmil Kraepelin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Emil Wilhelm Magnus Georg Kraepelin Editar o valor en Wikidata
15 de febreiro de 1856 Editar o valor en Wikidata
Neustrelitz, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 1926 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBergfriedhof (Heidelberg) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig
Universidade de Würzburg Editar o valor en Wikidata
Director de teseFranz von Rinecker (pt) Traducir e Wilhelm Wundt Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Múnic
Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsiquiatra, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorImperial University of Dorpat (en) Traducir
Universidade de Erlangen-Núremberg
Universidade de Múnic
Universidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Partido políticoGerman Fatherland Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresBernhard von Gudden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEduard Robert Michelson (en) Traducir, Leon Daraszkiewicz (en) Traducir, Axel Oehrn (en) Traducir, Alberts Bērs, Arved Bertels (en) Traducir, Henryk Higier (en) Traducir, Gustav Aschaffenburg (pt) Traducir, Robert Eugen Gaupp (pt) Traducir, Maurycy Urstein (en) Traducir e Ernst Rüdin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoErnst Kretschmer Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiKarl Kraepelin Editar o valor en Wikidata
IrmánsKarl Kraepelin Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHeidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.148-149)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX989672 WikiTree: Kraepelin-1 Find a Grave: 170132868 Editar o valor en Wikidata

Kraepelin cría que as enfermidades psiquiátricas son causadas principalmente por desordes biolóxicas e xenéticas e as súas teorías dominaron o campo da psiquiatría a principios do século XX.

Kraepelin opúxose a Sigmund Freud, que mirou as desordes psiquiátricas como causadas por factores psicolóxicos.

Traxectoria

editar

Kraepelin, fillo dun funcionario público, naceu en 1856 en Neustrelitz, no distrito alemán de Mecklenburg. Arrimouse á bioloxía grazas a seu irmán Karl, dez anos máis vello, que, máis tarde, sería o director do Museo Zoolóxico de Hamburgo.[2]

 
Tumba en Heidelberg (2008)

Kraepelin comezou os estudos médicos aos 18 anos, en Leipzig e Wurzburg. En Leipzig, estudou neuropatoloxía con Paul Flechsig e psicoloxía experimental con Wilhelm Wundt. Kraepelin sería un discípulo que Wundt e tería durante toda a súa vida interese na psicoloxía experimental baseada nas súas teorías. Nesa época, Kraepelin escribiu un ensaio que foi premiado, "A influencia das enfermidades agudas nas causas das desordes mentais". Obtivo o seu título de médico en 1878. En 1879, foi traballar con Bernhard von Gudden na Universidade de Múnic, onde completou a súa tese, "O lugar da psicoloxía na psiquiatría". Volveu á universidade de Leipzig en 1882, traballou na clínica de neuroloxía de Wilhelm Heinrich Erb e no laboratorio de psicofarmacoloxía de Wundt.

A principal obra de Kraepelin, "Compendium der Psychiatrie", foi publicada por primeira vez en 1883. Nela, propoñía que a psiquiatría era unha rama das ciencias médicas e que debía ser investigada mediante a observación e a experimentación como as demais ciencias naturais. Quería que se investigasen as causas físicas das doenzas mentais, e comezou a establecer os alicerces do sistema de clasificación moderno das desordes mentais. Kraepelin cría que estudando historias de casos e identificando as desordes, podería chegar a predicir a evolución dunha enfermidade mental, tendo en conta tamén as diferenzas individuais da personalidade e as idades dos pacientes no inicio das enfermidades.[3]

En 1884 converteuse en médico xefe en Leubus e ao ano seguinte era nomeado director do Instituto de Tratamento e Enfermería de Dresden. En 1886, con trinta anos, Kraepelin era nomeado profesor de psiquiatría da Universidade de Dorpat (máis tarde a Universidade de Tartu) no que é hoxe Estonia. Mentres estaba en Dorpat, foi o director da Clínica Universitaria de Tartu. Alí comezou a estudar e a anotar moitas historias clínicas en detalle que lle levou a considerar a importancia do curso dunha enfermidade en relación á clasificación das desordes mentais.

En 1903 trasladouse a Múnic para ser catedrático da Clínica Psiquiátrica da Universidade de Múnic.

Foi designado membro da Real Academia das Ciencias de Suecia en 1908.

En 1912, como resposta á petición da Sociedade Alemá de Psiquiatría, empezou a planear o establecemento dun centro de investigación. Tras unha grande doazón do banqueiro xudeu estadounidense-alemán James Loeb, que fora unha vez paciente, fundouse o Instituto Alemán para a Investigación Psiquiátrica en 1917 en Múnic. Inicialmente atopábase nos edificios dun hospital xa existente, sendo mantido por Loeb e a súa familia. En 1924, púxose baixo o auspicio da Sociedade Kaiser Wilhelm. A Fundación Rockefeller da familia estadounidense-alemá Rockefeller faría unha doazón que permitiría erguer un novo edificio dedicado ao instituto, que foi oficialmente aberto en 1928.

Kraepelin manifestouse en contra do tratamento bárbaro que prevalecía nos asilos psiquiátricos da época, e lanzouse nunha cruzada contra o alcohol, a pena capital e a prisión en vez do tratamento da tolemia. Rexeitou as teorías psicanalíticas de que a sexualidade ou condicións innatas eran a causa das enfermidades mentais, e rexeitou a especulación filosófica por non-científica. Concentrouse na recolección de datos clínicos, e estaba particularmente interesado na neuropatoloxía.

Kraepelin retirouse da ensinanza con 66 anos de idade, pasando os seus anos restantes traballando para o Instituto. A edición final do seu Libro sobre a Psiquiatría foi publicado en 1927, pouco despois da súa morte. Está composto por catro volumes e era dez veces maior que a primeira edición de 1883.[3]

  1. Na Encyclopedia of Psychology, escrita polo psicólogo H. J. Eysenck.
  2. Para a infancia e familia de Kraepelin, ver Burgmair et al., vol. I. como tamén as súas Memoirs (Berlín: Springer, 1987).
  3. 3,0 3,1 Kraepelin, Emil (1856-1926) por Margaret Alic, 2001. Consultado o 14 de abril de 2012. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Kraepelin, Emil (2008). Buenos Aires: Editorial Polemos, ed. La demencia precoz. ISBN 978-987-649-001-6. 
  • – (2004). Buenos Aires: Editorial Polemos, ed. Acerca de la influencia de algunos medicamentos sobre procesos psíquicos simples. ISBN 978-987-9165-49-2. 
  • – (1999). Madrid: Asociación española de neuropsiquiatría, ed. Cien años de psiquiatría. ISBN 978-84-95287-01-4. 

Ligazóns externas

editar