El Paso, Texas
El Paso é unha cidade e a capital do condado de El Paso, situada no estado de Texas, nos Estados Unidos. No censo do 2010 a cidade tiña unha poboación de 649.121 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande de Texas. A súa área metropolitana cobre todo o condado de El Paso, e ten unha poboación de 800.647 habitantes.
El Paso (es) | |||||
Alcume | Star of the Southwest, The Sun City e Land of the Sun | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Texas | ||||
Condado | Condado de El Paso (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 678.815 (2020) (1.017,27 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 230.905 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | El Paso metropolitan area (en) (Poboación:868.859) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 667,289006 km² | ||||
Auga | 0,3981 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Grande, América do Norte | ||||
Altitude | 1.140 m | ||||
Creación | 1680 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Oscar Leeser (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 79901–79999, 88500–88599, 79901, 79904, 79907, 79910, 79914, 79919, 79922, 79926, 79929, 79933, 79935, 79939, 79944, 79945, 79946, 79947, 79940, 79942, 79950, 79952, 79955, 79959, 79965, 79967, 79969, 79971, 79973, 79975, 79978, 79982, 79985, 79988, 79990, 79992, 79993, 79994, 79997, 79998, 88500, 88503, 88506, 88508, 88512, 88515, 88517, 88520, 88524, 88527, 88530, 88533, 88535, 88537, 88538, 88540, 88544, 88549, 88553, 88554, 88556, 88560, 88562, 88564, 88566, 88568, 88570, 88575, 88579, 88581, 88582, 88585, 88591, 88595 e 88599 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 915 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | elpasotexas.gov | ||||
El Paso atópase na ribeira do río Grande, ao outro lado da cidade mexicana de Ciudad Juárez. As dúas cidades forman unha área metropolitana internacional que ás veces é chamada Juarez-El Paso, sendo Juárez a de maior poboación das dúas (cunha poboación próxima ao millón e medio de habitantes).
En El Paso está a University of Texas at El Paso (fundada en 1914 como The Texas State School of Mines and Metallurgy, e posteriormente chamada Texas Western College, ata que recibiu o seu actual nome en 1967) e a Texas Tech University Health Sciences Center. Fort Bliss, un dos maiores complexos militares do exército dos Estados Unidos, limita co leste e nordeste da cidade, estendéndose a súa área de adestramento ao norte cara Novo México, ata a liña de mísiles de White Sands e a veciña base da Forza Aérea Holloman, en Alamogordo. As montañas Franklin esténdense cara a El Paso dende o norte e case divide á cidade en dúas partes, a metade occidental onde comeza o val de Mesilla e as ladeiras orientais que conectan co céntrico distrito de negocios no extremo sur da cordilleira.
Historia
editarA rexión de El Paso veu sendo asentamento humano durante miles de anos, como o demostran os puntos Folsom de cazadores-recolectores encontrados. As culturas máis temperás coñecidas na rexión foron produtoras de millo. No momento da chegada dos españois as tribos Mans, Suma e Jumano poblaron a zona e posteriormente incorporaronse a cultura mestiza, xunto cós inmigrantes do centro de México.
O explorador español Juan de Oñate, nado en 1550 en Zacatecas, México, foi o primeiro explorador dá Nova España que observou o Río Grande cerca de El Paso en 1598. Porén, crese que os catro sobreviventes da expedición de Narváez pasaron pola zona a mediados de 1530. O Paso do Norte foi fundada na beira sur do Río Bravo do Norte en 1659 polos conquistadores españois. En 1680 a pequena aldea de El Paso converteuse na base para o goberno español do territorio do novo México, e foi o asentamento máis grande en Novo México ata a súa cesión ós Estados Unidos en 1848.
El Paso seguiu sendo en gran parte subdesenrolado durante a maior parte do período de control Español. En cambio, o asentamento español centrouse no Paso do Norte. A coroa española e as autoridades locais do Paso do Norte fixeron varias concesións de terra para produción agrícola. As guerras cos Apaches e as posteriores guerras cos comanches deixaron o norte de México, daquela incluíndo o actual Novo México, Texas, Coahuila, nun estado de inestabilidade permanente. O río, as dunas de area cara ao sur (médanos) e as fortificacións no Paso do Norte e El Real de San Lorenzo, proporcionan unha defensa natural contra máis ataques. Porén, nalgunhas décadas varios exércitos de apaches fixeron incursións profundas en México, matando a poboación masculina e escravizando a mulleres e nenos.
Clima
editarEl Paso ten un clima desértico cálido (Köppen BWh) con veranos moi cálidos, xeralmente con pouca ou ningunha humidade e os invernos suaves e secos. Ten precipitacións que andan arredor das 9.4 polgadas (240 mm) por ano, gran parte das cales se producen durante o verán de xullo a setembro e son causadas maiormente polo monzón. Durante este período, os ventos do sur e sueste levan humidade desde o océano Pacífico, o golfo de California e o golfo de México na rexión. Cando esta humidade se move na área de El Paso e sopra o suroeste, a elevación orográfica das montañas, combinada co forte quecemento durante o día, provoca tormentas, algunhas o suficientemente graves como para producir inundacións repentinas e sarabia en toda a rexión.
El Paso cidade
editarA xuíza do Condado de El Paso é a demócrata Veronica Escobar, e os comisionados do Condado son demócratas Carlos León (zona 1), Sergio Lewis (zona 2), Vince Perez (Distrito 3) e republicano Dan Haggerty (zona 4). Haggerty foi elixido por primeira vez en 1994 e estivo no cargo desde 1995. Escobar e Lewis foron elixidos por primeira vez no 2010. León e Pérez foron elixidos por primeira vez en 2012. O Sheriff do Condado de El Paso é Richard Wiles, demócrata, desde 2009.