Edward Lear, nado en Highgate (Londres) o 12 de maio de 1812 e finado o 29 de xaneiro de 1888, foi un escritor, ilustrador e artista inglés coñecido pola súa poesía sen sentido (non sense) e os seus limericks (poesías humorísticas breves, de cinco liñas, nas que as dúas primeiras e a última riman).

Modelo:BiografíaEdward Lear

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1812 Editar o valor en Wikidata
Highgate, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1888 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Sanremo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura xuvenil Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, novelista, ornitólogo, humorista, pintor, poeta, ilustrador, humorista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes e Ornitoloxía Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Dictionary of National Biography
Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0495175 BNE: XX1643627 Musicbrainz: cf40c5c8-66a2-43fc-a2f2-e5c1619eab2f Discogs: 915714 IMSLP: Category:Lear,_Edward WikiTree: Lear-278 Find a Grave: 90003214 Editar o valor en Wikidata
Edward Lear (1870)

Traxectoria

editar

Foi o vixésimo fillo da familia, e foi criado por unha irmá vinte e dous anos maior ca el. Á idade de 15 anos, el e a súa irmá deixaron a casa familiar para independizarse. Lear empezou a traballar como ilustrador e a súa primeira publicación, á idade de 19 anos, foron as ilustracións de Family of Psittacidae, or Parrots en 1830. Os seus debuxos tiveron boa acollida, sendo comparados cos de Audubon.

Durante o resto da súa vida realizou debuxos serios, aínda que se fíxo famoso polas súas obras humorísticas. En 1846 publicou A Book of Nonsense, un volume de limericks que se reeditou tres veces e que axudou á popularización deste tipo de poesías. En 1865 publicou The History of the Seven Families of the Lake Pipple-Popple, e en 1867 a súa máis famosa obra absurda, The Owl And The Pussycat, que escribiu para os fillos do seu xefe, Edward Stanley, conde de Derby. Despois viñeron outras moitas obras.

Lear nunca tivo boa saúde. Desde os 17 anos ata a súa morte sufriu epilepsia así como bronquite, asma e, na vellez, cegueira parcial.

Véxase tamén

editar