Dusty Springfield


Mary Isabel Catherine Bernadette Ou'Brien, Orde do Imperio Británico, nada en Hampstead (Londres) o 16 de abril de 1939 e finada en Henley-on-Thames (Oxfordshire) o 2 de marzo de 1999, foi unha cantante inglesa de pop soul, máis coñecida como Dusty Springfield.

Modelo:BiografíaDusty Springfield

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Mary Isobel Catherine Bernadette O'Brien Editar o valor en Wikidata
16 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Henley-on-Thames (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de mama Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOxfordshire Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDusty Springfield Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul e light blue (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, artista discográfico, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1995 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSoul, Rhythm and blues, música pop e blue-eyed soul Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUnited Artists Records
Mercury Records
Phonogram, Inc.
Parlophone
Philips
Atlantic Records
ABC Records
20th Century Fox Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1965Sanremo Music Festival 1965 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisGerard Anthony Joseph O'Brien Editar o valor en Wikidata  e Kay Ryle Editar o valor en Wikidata
IrmánsTom Springfield Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
A Historical Dictionary of British Women, (p.407) Editar o valor en Wikidata
Sitio webdustyspringfieldofficial.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0819778 Facebook: DustySpringfieldOfficial BNE: XX1550531 Spotify: 5zaXYwewAXedKNCff45U5l Last fm: Dusty+Springfield Musicbrainz: b896aa8c-2761-40ce-b485-0e1fffd26167 Songkick: 71660 Discogs: 31260 Allmusic: mn0000159214 WikiTree: O'Brien-5288 Find a Grave: 7144619 Deezer: 2588 Genius: Dusty-springfield Editar o valor en Wikidata

Gozou dunha gran popularidade durante a década de 1960, representando o lado máis sofisticado do Swinging London e sendo considerada unha icona polo movemento mod. A comezos da década de 1970 converteuse nun símbolo para a cultura lesbiana tras facer pública a súa bisexualidade. Tras unha etapa de menor relevancia, recobrou notoriedade a finais dos anos 80 grazas ás súas colaboracións co dúo Pet Shop Boys.

Traxectoria

editar

O seu pai, admirador da música clásica e o jazz, transmitiulle a súa paixón pola música, e xa desde nova Dusty comezou a mostrar interese polo jazz, o blues e en especial pola estadounidense Peggy Lee, a quen tomou como referencia para a súa carreira como cantante.

En 1959 formou un grupo vocal feminino chamado The Lana Sisters. Tras a súa disolución ese mesmo ano, creou un grupo de folk chamado The Springfields xunto ao seu irmán Dion e a Tim Field, momento tras o cal os dous irmáns cambiarían os seus nomes artísticos polos de Tom Springfield e Dusty Springfield[1]. O grupo obtivo un grande éxito tanto no seu país como nos EUA con cancións como "Silver Threads and Golden Needless", "Island of Dreams" ou "Bambino".

A época dourada

editar

Tras a separación de The Springfields, Dusty iniciaría a súa carreira en solitario en 1963 co single "I Only Want To Be With You", canción con claras influencias dos grupos femininos de soul da Motown ou os producidos por Phil Spector. Neste tema, ademais de cantar, Dusty involucrouse na produción e os arranxos, algo que a partir de entón sería unha constante ao longo da súa carreira. O sinxelo logrou un destacado éxito, levándoa a ser a cantante máis coñecida no seu país e unha referencia para moitas mozas británicas, quen imitaban o seu peiteado e a súa maquillaxe.

O éxito seguiulle acompañando durante o ano seguinte co seu primeiro álbum A Girl Called Dusty e con singles como "Wishin' and Hopin", "I Just Don't Know How to do with Myself" ou "All Cried Out". No mesmo ano protagonizou un incidente tras negarse a actuar en Suráfrica se non se permitía que ao seu concerto asistisen persoas de raza negra, motivando a súa saída do país africano e a demanda ao goberno tras as presións recibidas para que actuase.

Dusty mantivo a súa notoriedade durante os seguintes anos, colocando nos primeiros postos das listas de éxitos cancións como "You Don't Have to Say You Love Me", que alcanzou o número un no Reino Unido e que se mantivo no top ten durante 13 semanas seguidas. Outros singles emblemáticos deste período foron "Sunny", "Losing You" ou "The Look of Love", canción composta por Burt Bacharach e Hal David e que foi o tema principal da banda sonora da película Casino Royale[2][3]. Tamén presentou un programa na televisión británica dedicado ao soul chamado The Sound of Motown.

Cara a 1967 Dusty comezaría a perder popularidade a causa do auxe do rock psicodélico e a cultura hippie, expóndose un novo enfoque á súa música para adecuarse á nova situación. Así, dous anos máis tarde gravaría o seu álbum máis emblemático, Dusty in Memphis. Con este disco, Dusty non conseguiu recuperar o éxito masivo, pero obtivo o recoñecemento dos críticos, quen o sinalaron como o seu mellor traballo, chegando a miúdo a figurar nas listas dos mellores álbums da historia do rock. O tema máis coñecido do disco, "Son of a Preacher Man" foi versionado por Aretha Franklin pouco despois.

O declive

editar

A principios da década de 1970 gravou discos como A Brand New Me ou Cameo, que foron aclamados polo crítica pero non polo público, e comezou unha crise persoal. Nesta época Dusty instalouse nos Estados Unidos. Durante o resto dos 70 e a primeira metade dos 80, seguiu gravando algúns discos, aínda que sen a calidade dos seus mellores tempos.

Segunda mocidade

editar

En 1987 aceptou unha invitación de Pet Shop Boys, un dos grupos máis populares do momento e que a admiraban incondicionalmente, para intervir na canción "What Have I Doe to Deserve This"[4], incluída en Actually, o segundo disco do dúo británico. A canción chegou ao posto 2 nas listas de éxitos británicas.

A súa colaboración entre Dusty e o dúo pop continuou co álbum Reputation (1990), que Pet Shop Boys escribiron e produciron para ela; nel estaba presente o son tecno pop característico do dúo e serviu para relanzar a carreira de Dusty.

Últimos anos

editar

En 1994 Quentin Tarantino rescataría o clásico "Son of a Preacher Man" para incluílo na banda sonora da súa película Pulp Fiction[5], e no mesmo ano editouse un documental sobre a súa vida titulado Full Circle[6].

Un ano máis tarde gravaría o seu último disco en estudo, A Very Fine Love, e pouco máis tarde foille diagnosticado un cancro de mama, co que loitou até o día da súa morte, o 2 de marzo de 1999 aos 59 anos. No día da súa morte a raíña Isabel II do Reino Unido ía concederlle a Orde do Imperio Británico[7]. Poucos días despois, entraría de maneira póstuma no Salón da Fama do Rock nunha cerimonia en Nova York.

Discografía

editar

Álbums

editar
  • A Girl Called Dusty (1964)
  • Stay Awhile/I Only Want To Be With You (1964)
  • Dusty (1964)
  • Ooooooweeee!!! (1965)
  • Ev'rything's Coming Up Dusty (1965)
  • You Don't Have to Say You Love Me (1966)
  • Where Am I Going? (1967)
  • The Look of Love (1967)
  • Dusty... Definitely (1968)
  • Dusty in Memphis (1969)
  • From Dusty With Love (1970)
  • A Brand New Me (1970)
  • See All Her Faces (1972)
  • Cameo (1973)
  • Longing (1974)
  • It Begins Again (1978)
  • Living Without Your Love (1979)
  • White Heat (1982)
  • Reputation (1990)
  • A Very Fine Love (1995)
  1. Gammond, Peter (1991). Tom Springfield. The Oxford Companion to Popular Music (New York: Oxford University Press). p. 542. ISBN 0-19-311323-6. Consultado o 2 de setembro de 2010. 
  2. Greenwald, Matthew. "'The Look of Love' – Dusty Springfield, Reg Guest". Allmusic. Rovi Corporation. Consultado o 2 de xullo de 2012. 
  3. "'The Look of Love' by Dusty Springfield". Songfacts (Carl Wiser). Consultado o 2 de xullo de 2012. 
  4. Raggett, Ned. "'What Have I Done to Deserve This?' – Pet Shop Boys". Allmusic. Consultado o 3 de xullo de 2012. 
  5. Kelner, Martin (21 de novembro de 2001). "Accidental Heroes: Dusty Springfield". Martin Kelner. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  6. Sutherland, Sam. "Dusty Springfield – Full Circle [VHS]: Dusty Springfield". Amazon.com. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  7. "Dusty dies on her Royal day". 3 de marzo de 1999. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar