Don Juan (personaxe)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Don Juan é un personaxe arquetípico literario creado por Tirso de Molina, configurado na literatura española e con longa descendencia na literaria europea.
Características
editarTamén chamado burlador ou libertino, trátase dun sedutor valente e afoutado até a temeridade que non respecta lei algunha, nin divina nin humana. Nalgunhas obras arrepíntese ao final dos seus días, pero noutras non. O personaxe podería ter raíces históricas, e enlazar con Miguel de Mañara, un gran pecador arrepentido. Deu pé á aparición do personaxe Giacomo Casanova, da literatura italiana.
Ten a súa orixe na obra El burlador de Sevilla y convidado de piedra, de Tirso de Molina (1630). Con todo, hai autores que defenden que esta obra é unha refundición doutra, coñecida como Tan largo me lo fiáis, atribuída a Andrés de Claramonte. En calquera caso, hai no teatro do Século de Ouro e anterior da literatura en castelán certos antecedentes do tipo do sedutor falabarato, e nos romances, do tema do convidado de pedra, que despreza aos mortos e acepta temerariamente a invitación dun deles.
O personaxe e a súa actitud vital, denominada xenericamente donxoanismo, inspirou a numerosos ensaístas como Ramón Pérez de Ayala, Víctor Said Armesto, Arturo Farinelli, Ramiro de Maeztu, Américo Castro ou Ortega y Gasset, que ven na figura do sedutor desde un inmaturo patolóxico e efeminado (próximo ao narcisismo e á homosexualidade, segundo Gregorio Marañón), a unha figura satánica e rebelde tipicamente romántica, ou o arquetipo universal do sedutor insatisfeito.
Existencia real
editarDesde o século XVII deuse crédito á idea de que Don Juan Tenorio existiu realmente e que foi un cabaleiro malagueño. Tal idea foi recollida polo hispanista Louis Viardot no século XIX[1], e posteriormente por Gregorio Marañón, que recolle a existencia dos Tenorio e da calidade de sedutor dalgún deles, pois un tal Cristóbal Tenorio tivo amoríos coa filla de Lope de Vega e incluso se bateu con el, feríndoo.
Especulouse que a razón da elección de tal apelido por Tirso de Molina puido ser pola similitude co verbo castelán tener (que induce a relacionalo co feito da posesión) e co substantivo tenor (que o relaciona coa voz masculina)[2].
Na súa obra Don Juan, Torrente Ballester emparéntao coa familia nobre procedente de Tenorio e descendente de Alonso Jofre Tenorio, a quen o rei Afonso X concedeu terras en Sevilla trala reconquista castelá.
Obras inspiradas no personaxe
editar- El burlador de Sevilla y convidado de piedra (Tirso de Molina, (Gabriel Téllez) o Andrés de Claramonte, 1625).
- No hay cosa como callar (Pedro Calderón de la Barca, 1639).
- Promontorium Malae Spei (Paolo Zehentner, 1643).
- Il convitato di pietra (Giacinto Andrea Cicognini, 1650).
- Le Festin de Pierre, ou le Fils Criminel (Dorimon (Nicolas Drouin, 1658).
- Le Festin de Pierre ou le Fils criminel (Jean Deschamps "Villiers", 1659).
- Dom Juan ou Le Festin de Pierre (Molière, 1665).
- Festin de Pierre, ou l’Athée Foudroyé (Rosimon, 1669).
- The Libertine (Thomas Shadwell, 1676).
- No hay plazo que no se cumpla ni deuda que no se pague o Convidado de piedra (Antonio de Zamora, 1714?).
- Don Giovanni Tenorio ossia Il Dissoluto (Carlo Goldoni, 1736).
- Don Juan (Christoph Willibald Gluck e Gasparo Angiolini, 1761, ballet).
- Don Giovanni (ópera de Giuseppe Gazzaniga, libreto de Giovanni Bertati, 1787).
- Don Giovanni (ópera de Mozart, libreto de Lorenzo da Ponte, 1787).
- "Don Juan" (E.T.A. Hoffmann, 1813, incluído na novela Fantasiestücke in Callots Manier).
- Don Juan (Lord Byron, 1821, poema épico).
- Don Juan und Faust ( Christian Dietrich Grabbe, 1829, teatro).
- Каменный гость (Kamenny Gost, 'O convidado de pedra'; Pushkin, 1830).
- El estudiante de Salamanca (José de Espronceda, 1840, poema).
- Don Juan Tenorio (José Zorrilla, 1844, teatro).
- Don Juan aux enfers (Charles Baudelaire, 1861, poema).
- A morte de D. João (Guerra Junqueiro, 1874, poema).
- The Finding of Don Juan by Haidee (Ford Madox Brown, 1878, pintura).
- Don Juans Ende (Paul Heyse, 1883).
- Man and Superman (George Bernard Shaw, 1903, teatro).
- Las sonatas (Ramón María del Valle-Inclán, 1905).
- Les exploits d'un jeune Don Juan (Guillaume Apollinaire, 1907, novela).
- Le Fantôme de l'Opéra (Gastón Leroux, 1910, novela; inclúe a ópera Don Juan Triumphant).
- Don Juan de Mañara (Antonioo e Manuel Machado, 1927, teatro).
- The Private Life of Don Juan (Douglas Fairbanks, 1934, película).
- Le Burlador (Suzanne Lilar, 1946. Romance que reinterpreta o mito de Don Juan desde a perspectiva feminina, cunha gran profundidade na análise psicolóxica).
- Adventures of Don Juan (película protagonizada por Errol Flynn, 1949).
- Djävulens öga ('O ollo do diaño', Ingmar Bergman, 1960, película).
- Don Juan (Gonzalo Torrente Ballester, 1963, novela).
- Don Juan ou Si Don Juan était une femme... (1973, película protagonizada por Brigitte Bardot).
- Don Giovanni ou O Dissoluto Absolvido (José Saramago, 2005).
Outros autores foron Azorín, Christian Grabbe, Alexandre Dumas, Carlo Goldoni, Edmond Rostand e, máis recentemente, Max Frisch. En España foi tradición representar a obra de Antonio de Zamora (e despois a de Zorrilla), na festividade de Todos os Santos.
Notas
editar- ↑ Études sur l’histoire des institutions, de la littérature, du théâtre et de beaux arts en Espagne (1835)
- ↑ Marcela Aniela: "El viaje de Don Juan a través de los siglos" Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Universitatea Piteşti.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Armand E. Singer: The Don Juan theme. An annotated bibliography of versions, analogues uses and adaptions. West Virginia University Press, Morgantown, W. Va. 1993, ISBN 0-937058-32-7
- Armand E. Singer: A Bibliography of the Don Juan Theme 1954 - 2003