Domingo Álvarez Álvarez

avogado e escritor galego


Domingo Álvarez Álvarez, nado no Rosal e finado en Tomiño en setembro de 1967,[1] foi un avogado e escritor galego.

Modelo:BiografíaDomingo Álvarez Álvarez
Biografía
Nacemento1881 Editar o valor en Wikidata
O Rosal, España Editar o valor en Wikidata
Mortesetembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Tomiño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1192297 BUSC: alvarez-alvarez-domingo-1881-1967

Traxectoria

editar

Foi telleiro na súa mocidade. Emigrou ao Brasil. De volta a Galicia, foi contable e procurador e preparou oposicións a secretario xudicial e secretario de concello. Foi secretario dos concellos do Rosal, Gondomar, Meaño e Poio. Foi nomeado secretario do concello de Tomiño en 1941.[2] Foi xuíz de paz de Tomiño (1958-1963). Colaborou en Nuevo Heraldo, onde publicou "Follecas da Jalleira" na xerga dos telleiros co pseudónimo Xan D'Outeiro. Foi correspondente de Faro de Vigo e El Pueblo Gallego en Tomiño.

  • As cooperativas. Publicado no Brasil.
  • Versos de otoño, 1960.
  • Jergas de Galicia. Tejeros, canteros, albañiles, paragüeros. Tomiño, 1965.

Vida persoal

editar

Casou con Ramona Abundancia Álvarez, irmá de Pío Abundancia Álvarez, que finou en 1923.[3] Foi pai de Ricardo Álvarez Abundancia.

  1. El Pueblo Gallego, 10-9-1967, p. 15.
  2. El Compostelano, 21-6-1941, p. 2.
  3. Vida Gallega, 5-1-1924, p. 34.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar