Die Brücke (A Ponte) foi un grupo de artistas alemáns seguidores do expresionismo formado en Dresden en 1905. Os primeiros membros foron catro estudantes de arquitectura do Jugenstil, todos eles foran influídos por Hermann Obrist. Os catros estudantes eran:

Emil Nolde (1867-1956) e Max Pechstein (1881-1955) uníronse no 1906, e Otto Mueller (1874-1930) en 1910.

O nome do grupo, Die Brücke, veu dunha pasaxe da novela de Friedrich Nietzsche Thus Spake Zarathustra que falaba do potencial humano como unha "ponte" que permitiría ó home evolucionar ata a perfección (Übermensch). Os membros do Die Brücke querían facer unha "ponte" entre a pintura alemá neo-romantica e a moderna pintura expresionista.

Die Brücke foi un dos dous importantes grupos alemáns do expresionismo; o outro era o Der Blaue Reiter group ("O xinete azul"), formado na cidade de Múnic en 1911.

Os membros do Die Brücke illáronse nun barrio traballador da cidade de Dresden onde desenvolveron un estilo baseado nas cores rechamantes, na tensión emocional, na violencia imaxinativa e na influencia do Primitivismo. Despois de traballar exclusivamente nos obxectos urbanos, o grupo comezou a interesarse polos nus e polas imaxes distorsionadas. O grupo separouse no ano 1913, ó comezo da primeira guerra mundial, debido ás súas diferenzas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar