Deterioración cognitiva leve

alteracións das funcións cognitivas (memoria, atención, linguaxe...) que non acadan a gravidade suficiente para considerarse demencia

A deterioración cognitiva leve ou deterioración[1] cognitiva lixeira (DCL) é unha desorde clínica que consiste na presenza de alteracións das funcións cognitivas (memoria, atención, linguaxe...) que non acadan a gravidade suficiente para considerarse demencia. Aparece recollido como “Trastorno Neurocognitivo Menor” no DSM-V[2] e como “Trastorno Neurocognitivo Leve” na CIE-11.[3]

A presenza de DCL está intimamente ligada a idade, de forma que as probabilidades de presentala aumentan a medida que unha persoa se vai facendo maior.[4][5] Deste xeito, considérase un estadio intermedio entre o envellecemento cognitivo normal e a demencia, onde se debe ter en conta a idade e o nivel educativo da persoa para a súa identificación. A prevalencia[6] do DCL na poboación xeral mundial oscila entre o 3 e o 19%, cunha incidencia de 8 a 58 por 1000 por ano.

Diagnóstico

editar

O concepto DCL utilizouse por primeira vez en 1991,[7] pero non foi ata o 1999 cando Ronal C. Petersen e os seus colaboradores da Clínica Mayo[8] o definiron como unha entidade diagnóstica. Ao mesmo tempo que o concepto ía evolucionando, distintos autores e organizacións foron propoñendo criterios e puntualizacións para o seu diagnóstico, que na actualidade se resumen nos seguintes:[9]

  1. Rendemento cognitivo por debaixo do esperado para a idade e nivel educativo da persoa, e evidencia de que existe unha deterioración con respecto ao estado previo. Implica, polo tanto, un empeoramento no rendemento cognitivo habitual.  
  2. As actividades da vida diaria (básicas e instrumentais) deben estar preservadas, se ben se permiten pequenas dificultades como consecuencia das alteracións cognitivas.  Este é un punto chave na diferenciación entre o DCL e a demencia, xa que os criterios diagnósticos da demencia requiren que as actividades da vida diaria estean afectadas de forma significativa.

Subtipos

editar

Dentro do DCL existen diferentes subtipos, en función da cantidade de dominios cognitivos que estean afectados:[9][10]

  • DCL unidominio amnésico: a memoria é o único dominio afectado.
  • DCL unidominio non amnésico: soamente hai un área afectada, diferente á memoria (por exemplo, atención, funcións executivas...).
  • DCL multidominio amnésico: ademais da memoria, existen alteracións noutra/s función/s cognitiva/s (en total, dous ou máis dominios cognitivos afectados).
  • DCL multidominio non amnésico: a memoria está preservada, pero hai alteración noutras áreas (dúas ou máis).

Progresión

editar

O DCL considérase un estado prodrómico de demencia. Deste xeito, a presenza de DCL nunha persoa constitúe un factor de risco de progresión a calquera tipo de demencia, especialmente nos casos nos que as alteracións están presentes en dous ou máis dominios cognitivos (é dicir, nos DCL multidominio)[11][12]. Nos casos nos que a memoria está afectada, a maior probabilidade de progresión é especificamente a demencia tipo Alzheimer.

Malia todo, non todas as persoas con DCL evolucionan na deteriororación. Unha parte delas permanece estable ao longo do tempo ou incluso pode volver a un estadio de normalidade cognitiva onde o seu rendemento volve a ser normotípico. Isto débese a que existen diversos factores que poden afectar ao rendemento cognitivo durante a vellez, como problemas psiquiátricos, cardiovasculares, hormonais ou uso de fármacos, o que explicaría que algúns casos de Deterioración Cognitiva Leve sexan reversibles[6].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para deterioración.
  2. American Psychiatric Association (2013-05-22). Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (en inglés) (Fifth Edition ed.). American Psychiatric Association. ISBN 978-0-89042-555-8. doi:10.1176/appi.books.9780890425596. 
  3. Bose, K. S.; Sarma, R. H. (1975-10-27). "Delineation of the intimate details of the backbone conformation of pyridine nucleotide coenzymes in aqueous solution". Biochemical and Biophysical Research Communications 66 (4): 1173–1179. ISSN 1090-2104. PMID 2. doi:10.1016/0006-291x(75)90482-9. 
  4. Juncos-Rabadán, Onesimo; Pereiro, Arturo X.; Facal, David; Rodriguez, Nelly; Lojo, Cristina; Caamaño, Jose A.; Sueiro, Jesus; Boveda, Julia; Eiroa, Peregrina (2012). "Prevalence and Correlates of Cognitive Impairment in Adults with Subjective Memory Complaints in Primary Care Centres". Dementia and Geriatric Cognitive Disorders (en inglés) 33 (4): 226–232. ISSN 1420-8008. doi:10.1159/000338607. 
  5. Juncos‐Rabadán, Onésimo; Pereiro, Arturo X; Facal, David; Lojo, Cristina; Caamaño, Juan A; Sueiro, Jesús; Bóveda, Julia; Eiroa, Peregrina (2014-07). "Prevalence and correlates of mild cognitive impairment in adults aged over 50 years with subjective cognitive complaints in primary care centers". Geriatrics & Gerontology International (en inglés) 14 (3): 667–673. ISSN 1444-1586. doi:10.1111/ggi.12157. 
  6. 6,0 6,1 Gauthier, Serge; Reisberg, Barry; Zaudig, Michael; Petersen, Ronald C; Ritchie, Karen; Broich, Karl; Belleville, Sylvie; Brodaty, Henry; Bennett, David (2006-04). "Mild cognitive impairment". The Lancet (en inglés) 367 (9518): 1262–1270. doi:10.1016/S0140-6736(06)68542-5. 
  7. Flicker, Charles; Ferris, Steven H.; Reisberg, Barry (1991-07). "Mild cognitive impairment in the elderly: Predictors of dementia". Neurology (en inglés) 41 (7): 1006–1006. ISSN 0028-3878. doi:10.1212/WNL.41.7.1006. 
  8. Petersen, Ronald C.; Smith, Glenn E.; Waring, Stephen C.; Ivnik, Robert J.; Tangalos, Eric G.; Kokmen, Emre (1999-03-01). "Mild Cognitive Impairment: Clinical Characterization and Outcome". Archives of Neurology (en inglés) 56 (3): 303. ISSN 0003-9942. doi:10.1001/archneur.56.3.303. 
  9. 9,0 9,1 Petersen, R. C. (2004-09). "Mild cognitive impairment as a diagnostic entity". Journal of Internal Medicine (en inglés) 256 (3): 183–194. ISSN 0954-6820. doi:10.1111/j.1365-2796.2004.01388.x. 
  10. Winblad, B.; Palmer, K.; Kivipelto, M.; Jelic, V.; Fratiglioni, L.; Wahlund, L.‐O.; Nordberg, A.; Bäckman, L.; Albert, M. (2004-09). "Mild cognitive impairment – beyond controversies, towards a consensus: report of the International Working Group on Mild Cognitive Impairment". Journal of Internal Medicine (en inglés) 256 (3): 240–246. ISSN 0954-6820. doi:10.1111/j.1365-2796.2004.01380.x. 
  11. Campos-Magdaleno, María; Facal, David; Juncos-Rabadán, Onésimo; Picón, Eduardo; Pereiro, Arturo Xosé (2016-09). "Comparison Between an Empirically Derived and a Standard Classification of Amnestic Mild Cognitive Impairment From a Sample Of Adults With Subjective Cognitive Complaints". Journal of Aging and Health (en inglés) 28 (6): 1105–1115. ISSN 0898-2643. doi:10.1177/0898264315624908. 
  12. Pereiro, Arturo Xosé; Valladares-Rodríguez, Sonia; Felpete, Alba; Lojo-Seoane, Cristina; Campos-Magdaleno, María; Mallo, Sabela Carme; Facal, David; Anido-Rifón, Luis; Belleville, Sylvie (2021-08-03). "Relevance of Complaint Severity in Predicting the Progression of Subjective Cognitive Decline and Mild Cognitive Impairment: A Machine Learning Approach". Journal of Alzheimer's Disease 82 (3): 1229–1242. doi:10.3233/JAD-210334.