Da Capo é un signo musical italiano que significa volver empezar. Nalgunhas pezas musicais equivale ao signo de repetición. É a miúdo abreviado coma D.C. É unha directriz do compositor ou do director para repetir a parte anterior da música, a miúdo para aforrar espazo. En pequenas pezas isto podería ser a mesma cousa que unha repetición, pero en traballos máis longos D.C. podería aparecer logo dunha ou máis repeticións de pequenas seccións, indicando unha volta ó principio. Ás veces o compositor describe a parte a ser repetida, por exemplo: Menuet da capo. Na ópera, onde unha aria con esta estrutura é chamada da capo aria, a sección repetida é a miúdo engalanada con notas de graza

Variacións da dirección son:

editar
  • Da Capo al Fine (D.C. al Fine): repetir dende o comezo á fin(ou subir deica a palabra fine, que debería aparecer ó final da paxsaxe, movemento.. ; a palabra "fine" significa "fin"/"final")
  • Da Capo al Coda (D.C. al Coda): repetir dendo o principio deica un lugar indicado e logo tocar a parte final (a coda).

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.