Consello de administración
O consello de administración é o órgano de dirección dunha sociedade mercantil. É un organismo representativo, pois os seus membros, chamados conselleiros, son representantes dos accionistas, propietarios da empresa. O consello de administración pode asumir colectivamente as súas responsabilidades de xestión ou ben atribuír determinadas funcións nun conselleiro delegado ou nunha comisión executiva.
As lexislacións determinan o número mínimo de conselleiros e a súa elección, responsabilidades, así como, os procedementos básicos na toma de decisións. En Galicia é aplicable a Lei de Sociedades de Capital que os define como un órgano consultivo, executivo e colexiado, composto por un mínimo de 3 conselleiros e un máximo de 12.[1] Ademais, estipula que debe reunirse polo menos unha vez por trimestre e que as súas decisións deben ser tomadas por maioría absoluta dos conselleiros asistentes á convocatoria, aínda que para delegar facultades débese contar coas dúas terceiras partes dos seus membros.
Notas
editar- ↑ "Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital" (PDF). BOE. Consultado o 25-01-2021.