Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) pertence á rede galega do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Está constituído polos catro centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde, situados na cidade de Santiago de Compostela.
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | |
---|---|
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela | |
Tipo | rede de hospitais |
Data de fundación | 1993 |
Localización | |
Enderezo | Travesa da Choupana, S/N |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
42°51′39″N 8°33′10″O / 42.860908, -8.55272 | |
Na rede | |
http://www.usc.es/en/servizos/chus/index.html e https://xxisantiago.sergas.gal/Paxinas/web.aspx | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hospitais integrantes e funcións
editarOs hospitais que integran o Complexo son:[1]
- Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, situado na travesa da Choupana, s/n.
- Hospital Gil Casares, a carón do anterior, na travesa da Choupana, s/n.
- Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, localizado na rúa Ramón Baltar, s/n, da parroquia de Conxo. Antigamente coñecido como "Hospital Provincial", dependente daquela da Deputación Provincial da Coruña.
- Hospital Psiquiátrico de Conxo, que se encontra tamén na parroquia de Conxo, na praza Martín Herrera, nº 2. Antigamente coñecido como "Manicomio de Conxo", propiedade da arquidiocese de Santiago.
O Decreto 71/1993 do 18 de marzo da Xunta de Galicia,[2] sinala que a súa creación obedece á necesidade de lograr unha maior rapidez e eficiencia na resposta aos problemas de saúde, a través da coordinación entre os centros e as múltiples unidades organizativas. A vantaxe en xestión obtense da actuación dos hospitais e servizos como un conxunto.[1]
Funcións da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela
editarAs funcións da Xerencia Xeral do CHUS son as seguintes:[2]
- A representación do Complexo.
- Coordinar a programación, dirección, avaliación e control dos plans de actividade económicos e de organización da estrutura integrada baixo a superior dirección do Servizo Galego de Saúde.
- Propoñerlle ao Servizo Galego de Saúde as adaptacións organizativas que resulten procedentes e os acordos que, en relación a outras institucións ou sociedades, poidan convir ao mellor funcionamento do Complexo.
- Elevar informes periódicos e memoria de xestión que o Servizo Galego de Saúde considere oportunos.
- Cantas outras funcións lle sexan delegadas polos órganos competentes.
Relación do Hospital Clínico de Santiago coa Facultade de Medicina
editarO Hospital Clínico de Santiago ten unha antiga e estreita unión coa Facultade de Medicina, e unha gran tradición na formación de profesionais médicos. A capacidade docente e investigadora do Complexo, acorde cun alto nivel de especialización, aválano como un centro de referencia de Galicia e do resto do territorio de España.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
editar- SERGAS
- Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
- Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza
Ligazóns externas
editar----
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|